XUNTOS PODEMOS....... COMUNICARNOS E SUPERAR AS DIFERENZAS !
O pasado 29 de setembro celebrouse o día da Discapacidade Auditiva. No noso Colexio realizáronse varias actividades con este motivo.
Aquí se mostran algunhas das actividades que realizaron os alumnos de Infantil como: audicións de contos e cantigas, visualización de vídeos, elaboración de mural, etc.
Así mesmo o alumnado de primaria tamén realizou diferentes tarefas alusivas a esta temática.
O obxectivo en todos os casos foi coñecer e sensibilizarse con todas as dificultades coas que se topan as persoas e compañeiros con discapacidade auditiva e, entre todos, tratar de aminorar esas barreiras.