O día 23 de febreiro, como vén sendo habitual, celebramos no cole o día de Rosalía de Castro.
Este ano realizaremos unha actividade plástica e para rematar traballaremos sobre o poema de Rosalía "O moucho" coa súa versión musicada, que podedes escoitar premendo aquí.
Tamén deixamos o acceso a un genially, elaborado polo EDLG de varios centros, onde ademais de aprender datos sobre a vida e obra de Rosalía tamén tedes actividades interactivas.
Asemade o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) quixeron compartir connosco un recurso que elaboraron para aproximarnos á vida da escritora. Non deixedes de visitalo a través desta ligazón.