Skip to Content

Charla Susana Rodríguez Gacio

Charla Contaminación Mariña con Patricia Quintas

A Idade Media contada polo alumnado de 5º E.P.

O alumnado de 5º de primaria estivo a pescudar sobre a Idade Media. Logo de investigar sobre esta etapa da historia, decidiron crear este video para explicar os principais feitos que marcaron este período.

 

Obra de teatro "Nautilus"

Entroido curso 20-21

 

Día da muller e a nena na ciencia

Este mes de febreiro celebramos no cole o día internacional da muller e a nena na ciencia. O alumnado de 1º e 2º de Primaria tivemos o gusto de charlar con Rosario Domínguez Petit "Mima" (nai de Hugo de 3º de Primaria) que traballa no Centro oceanográfico de Vigo co obxectivo de reflexionar sobre a escasa presenza das mulleres en carreiras STEM e coñecer de primeira man o traballo dunha científica no seu día a día. Mima fixonos unha introducción sobre científicas famosas ao longo da historia, contounos detalles e anécdotas relacionadas co seu traballo e a súa traxectoria profesional e respondeu as nosas preguntas con gran amabilidade e paciencia.

Mil grazas polo teu tempo Mima!!

Aproveitamos esta entrada para facernos eco da campaña "No more matildas" da  Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas que busca denunciar as consecuencias do Efecto Matilda.

Video para colaboración co buque escuela Juan Sebastián de Elcano

 

Este vídeo está feito para colaborar co buque escola Juán Sebastián de Elcano da Armada Española, onde navega a nosa concelleira de educación Araceli Regueiro. O buque está dando a volta ao mundo. Falando con Araceli, quedamos en que ao regreso tería que contarnos esta aventura e experiencia tan enriquecedora e da que podemos sacar moita información en relación co proxecto deste ano.

Moitas grazas a todos/as por participar.

 

 

https://youtu.be/L_P8FCw9kPs

 

MEDIDAS DEPREVENCIÓN, HIGIENE Y PROMOCIÓN DE LA SALUD FRENTE A COVID-19 PARA CENTROS EDUCATIVOS. CURSO 2020-2021

 

Medidas de prevención, hixiene e promoción dasaúde frente a covid-19 para centros educativos no

 curso 2020-2021.

 

Versión 08/02/2021

 

Ministerio de Sanidade.

Día de Rosalía

O día 23 de febreiro, como vén sendo habitual, celebramos no cole o día de Rosalía de Castro.

Este ano realizaremos unha actividade plástica e para rematar traballaremos sobre o poema de Rosalía "O moucho" coa súa versión musicada, que podedes escoitar premendo aquí.

Tamén deixamos o acceso a un genially, elaborado polo EDLG de varios centros, onde ademais de aprender datos sobre a vida e obra de Rosalía tamén tedes actividades interactivas.

Asemade o  Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) quixeron compartir connosco un recurso que elaboraron para aproximarnos á vida da escritora. Non deixedes de visitalo a través desta ligazón.

DESPEDIMOS AO ALUMNADO DE 6º.

Rematou  este  curso  tan  raro...

e,  para  os nosos  compañeiros  e  compañeiras  de  6º,  rematou  tamén,  unha  etapa  educativa.

Desexámosvos  o  mellor  na  andaina  que  comezades  e  esperamos  as  vosas  visitas ...

Aí  está  a  nosa  despedida (lembranza do  colexio),  esperamos  que  vos  guste.

Clicade  na  foto

 

Distribuir contido


by Dr. Radut