Skip to Content

Histórico centro

HORARIOS ESPELLO

REXISTRO MENSUAL DOS METROS PERCORRIDOS DENTRO E FÓRA DO CENTRO. CAMIÑO DAS ESTRELAS

Deixovos unha folla de cálculo coa plantilla feita para anotar os metros percorridos cada día do mes e o total do mes.

Os percorridos no centro, están marcados coas letras P1, P2, P3, P4,......

Na FOLLA DE CÁLCULO só teñen que por o número de veces que fixeron ese percorrido ese día e no computo total do final aparecerán os metros que correspondan.

Na casilla de metros percorridos fóra do centro, haberá que por os metros percorridos nas rutas que se fagan fóra.

 

Recordade que o obxectivo final é o de acadar os 118.800 metros que separan Donas de Santiago de Compostela.

Disfrutade das andainas e BO CAMIÑO!

 

Horarios espello

PALABRAS CON MEMORIA

 

Prezadas familias.
 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do cole poñémonos en contacto convosco para solicitar de novo a vosa colaboración na actividade titulada “Palabras con Memoria” (orixinario da AELG). A actividade segue tendo por obxecto recuperar palabras e expresións nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción e así darlles a oportunidade de manter a súa vixencia.

 

Propoñemos que, ao igual que o curso pasado, recuperemos aquelas palabras ou expresións que non hai moito tempo estaban nas nosas conversas cotiás, pero pouco a pouco foron perdendo o seu espazo e se viron substituídas por outras. Seguro que se facedes memoria atopades aquelas palabras ou expresións que, sen ter por que figurar actualmente nos dicionarios, si tiñan un significado moi próximo a nós, porque nolas dicían as nosas avoas e avós ou llas escoitabamos a elas... Ao longo do curso, sen ter que facer esforzo, seguro que nos veñen a memoria algunhas verbas ben fermosas.

 

Podedes enviarnos esas palabras, acompañadas do seu significado e da situación na que eran empregadas, por distintos medios:

 

  • A seguinte dirección de correo electrónico edlgsoutodonas@gmail.com

 

  • Na páxina web do cole no apartado de Normalización atoparedes un formulario para enviárnolas

 

As palabras ou expresións terán que ser en galego.

 

A data límite para a recollida será o 31 de maio.

 

De novo moitas grazas por participar nesta actividade. Abofé que atoparedes palabras e/ou expresións tan fermosas como:

 

“Andar en carrancho”, “porfiar”, “aciacú”, “estribillar”, “deloirar”, que che trouxo teu pai da feira: un estentalá e un correverás par as pernas de atrás, un tiverás.

 

Un saúdo do EDLG

 

Acceso ó Formulario

Maquetas Sistema Solar

En 5º de Primaria este curso comezamos a asignatura de Ciencias Sociais estudando o Universo. Varios alumnos e alumnas atrevéronse a realizar de xeito voluntario unha maqueta do Sistema Solar e a explicarllas aos seus compañeiros/as. Como vedes, o resultado foi abraiante! Tanto, que non puidemos resistirnos a ensinarllo e presentarllo aos compañeiros/as de sexto! Excelente traballo rapaces e rapazas de 5!

O SAMAÍN EN DONAS

SAMAÍN 2021 EN DONAS

Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É  o tempo de recoller o millo e as cabazas. É tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas seguindo unha antiga tradición. É tempo de... SAMAÍN!

"Nin as bruxas, nin os demos ou zombis pintan nada no imaxinario desta festa, todo o máis as pantasmas coa cara tapada ou emborrallada como no magosto, festa que, por certo, ten bastante proximidade con esta. E dende logo nada de morcegos, arañas, bufos, ou outros animais semellantes, respectados no rural polos seus beneficios e satanizados... no Halloween." www.blogofiadeiro.blogspot.com

Convidámosvos a recuperar a actividade que viñamos facendo para conmemorar esta nosa festa:

1. Escolle un cabaza dun tamaño manexable e facilmente transportable.

2. Decora a túa cabaza, non empregues para elo materiais que sexa preciso recuperar.

3. Tráenola ao cole o mércores 27 para facermos a exposición.


 

Aquí vos deixamos a ligazón a un traballiño feito por varios coles coa aplicación Genially que nos achega a un mellor coñecemento sobre as orixes desta festa. Agradamos que vos guste.

 

HALLOWEEN TIME!!

Octobr 2021

This week, we are doing many different activities in English class.

Jonathan, our conversation teacher, is explaining how American people celebrates Halloween. We are watching videos about the celebration, funny stories and playing different games.

 

Halloween in England

Listening to Jonathan´s explanations, our language auxiliar. The students ( 4th graders) are making Halloween crafts with toilet paper tubes. 

 

 

"Trick or treat

Smell my feet.

Give me something 

good to eat..."

 

Halloween in the USA

 

Halloween Quiz: What am I??

The Scaredy-Cat: A Halloween Story

 

 

Learning emotions vocabulary with 1st and 2nd graders ( sad, happy, angry, sleepy, scared)

 

 Singing Halloween songs : Knock knock Trick or treat

 

 

 

 

XXII Encontros para a Normalización Lingüística. Desde o berce: a trasmisión interxeracional da lingua galega.

 

O Consello de Europa advirte da diminución de falantes e da grave perda da transmisión xeracional, a través do seu Comité de Expertos para analizar o grao de cumprimento dos compromisos adquiridos polo goberno verbo da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.

Na programación dos XXIII Encontros para a normalización lingüística dende o Consello da Cultura Galega quixeron colocar este tema no centro das nosas preocupacións, baixo o título ben explícito Desde o berce: a transmisión interxeracional da lingua galega. O obxectivo do programa foi proporcionar e intercambiar información, reflexionar sobre os datos, difundir e compartir experiencias e recursos, e tentar achegar vías de solución ou propostas positivas. Non os movía menos o desexo de reatoparnos en vivo, cara a cara, agora que a situación sanitaria vai permitindo maior presencialidade, nesta cita anual que chamamos, significativamente, Encontros.

Aquí vos deixamos o enlace aos vídeos dos Encontros.

 

 

 

CANDIDATURAS

O NOSO COLE GAÑA O CONCURSO DE PRIMAVERA DAS LETRAS DA RAG

 

Os centros de educación infantil e primaria Manuel Mallo Mallo (Lugo), do Carballal (Marín) e noso cole somos os gañadores do concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega a través do proxecto dixital Primavera das Letras, que fornece a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos para profundar na figura á que a institución rende homenaxe cada 17 de maio. A edición dedicada á celebración escolar das Letras de Xela Arias contou coa participación de 125 centros de toda Galicia.

Os tres colexios gañadores seremos agasallados cun lote de libros e todos os participantes recibiremos un diploma acreditativo.

Desde o noso centro queremos dar os parabéns a todos os centros participantes. Atopamos moi bos traballos merecentes do galardón, desta volta tocounos a nós, polo que estamos moi agradecidas á Real Academia Galega.



by Dr. Radut