Skip to Content

Entrega NIF COOPERARIA e BOOM STARS

Hoxe recibimos a visita de Raquel Giráldez, deputada de Emprego da Deputación de Pontevedra, que veu facer entrega dos NIF das cooperativas que constituíron o alumnado de 5º (Boomstars) e o de 6º (Cooperaria).

 Tedes mais información sobre as nosas cooperativas aquí:

  

25N Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Hoxe en día somos conscientes de como mensaxes equivocadas se propagaron e se propagan na cultura, especialmente a través da arte e dos medios.

Neste 25N traballamos co alumnado cambiando e facendo menos ofensivas algunhas cancións de sempre e outras máis actuais con marcada temática machista.

O alumnado gozou realizando actividade e así volo amosamos:

O NOSO COLE GAÑA O CONCURSO DE PRIMAVERA DAS LETRAS DA RAG

 

Os centros de educación infantil e primaria Manuel Mallo Mallo (Lugo), do Carballal (Marín) e noso cole somos os gañadores do concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega a través do proxecto dixital Primavera das Letras, que fornece a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos para profundar na figura á que a institución rende homenaxe cada 17 de maio. A edición dedicada á celebración escolar das Letras de Xela Arias contou coa participación de 125 centros de toda Galicia.

Os tres colexios gañadores seremos agasallados cun lote de libros e todos os participantes recibiremos un diploma acreditativo.

Desde o noso centro queremos dar os parabéns a todos os centros participantes. Atopamos moi bos traballos merecentes do galardón, desta volta tocounos a nós, polo que estamos moi agradecidas á Real Academia Galega.

O SAMAÍN EN DONAS

SAMAÍN 2021 EN DONAS

Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É  o tempo de recoller o millo e as cabazas. É tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas seguindo unha antiga tradición. É tempo de... SAMAÍN!

"Nin as bruxas, nin os demos ou zombis pintan nada no imaxinario desta festa, todo o máis as pantasmas coa cara tapada ou emborrallada como no magosto, festa que, por certo, ten bastante proximidade con esta. E dende logo nada de morcegos, arañas, bufos, ou outros animais semellantes, respectados no rural polos seus beneficios e satanizados... no Halloween." www.blogofiadeiro.blogspot.com

Convidámosvos a recuperar a actividade que viñamos facendo para conmemorar esta nosa festa:

1. Escolle un cabaza dun tamaño manexable e facilmente transportable.

2. Decora a túa cabaza, non empregues para elo materiais que sexa preciso recuperar.

3. Tráenola ao cole o mércores 27 para facermos a exposición.


 

Aquí vos deixamos a ligazón a un traballiño feito por varios coles coa aplicación Genially que nos achega a un mellor coñecemento sobre as orixes desta festa. Agradamos que vos guste.

 

IMOS AO COLE

ESTE ANO POR MOR DA PANDEMIA, NON PUIDEMOS TER A XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE SE INCORPOR AO COLE.

PARA QUE NOS VAIADES COÑECENDO UN POUCO, MIRADE A CONTINUACIÓN (CLIC NA IMAXE)

VÉMONOS EN SETEMBRO!!

 

 

Recomendacións verán 2021

Remata o curso e para este tempo de verán queremos recomendarvos unhas lecturas moi refrescantes. Aí van

E PARA LER, QUE?

PALABRAS CON MEMORIA

Os catro defensores do planeta

Chegamos á recta final deste curso e consigo ao do proxecto Planeta San. Ao longo destes dous anos aprendemos unha  morea de cousas sobre a importancia e o coidado do noso entorno. Por iso, os alumnos e alumnas de 5º de E.P.  quérenvos pór a proba, a ver canto aprendestes neste tempo.

Aquí vos prensentan aos Catro defensores do planeta, que vos irán realizando unha serie de preguntas e amosando curiosidades sobre o noso planeta. Se completades o voso percorrido e chegades ata o final, conseguiredes unha recompensa!

Canto sabedes sobre o coidado do noso planeta?

A LINGUA DAS ÁRBORES.

O xoves 3 de xuño realizamos no cole unha viaxe a través dos contos co cabaliño "Caramulo" e o "Carballo con botas" para coñecer e coidar a natureza. Desfrutamos duns contos que levaron ás nenas e aos nenos dende a súa propia contorna até bosques do Courel, Xurés, Geres, Fragas do Eume, Ancares..., aprendendo os nomes das árbores e o rico patrimonio ecolóxico e lingüístico de seu.

A visita de Anxo Moure, referencia esencial do ecopacifismo, supuxo un alento de ar fresco que renovou os nosos azos en prol da defensa do noso medio ambiente.

Moitas grazas por tantas ensinanzas abofé que estas novas xeracións terán ben presentes os teus sabios consellos.

 

CLUB DE LECTURA. UNA TERRIBLE PALABRA DE NUEVE LETRAS.

O mércores 28 de abril as alumnas e alumnos de cuarto de Primaria participamos dun club de lectura con Pedro Mañas. Trátase do autor de, entre os libros, o que leva por título "Una terrible palabra de nueve letras". Desfrutamos moito coa súa lectura e máis aínda coa posibilidade de compartir con el este momento.

Resultounos moi útil todo o que nos comentou durante a sesión e abofé que tomamos nota dos seus consellos.

Deixámosvos esta montaxe que resume a actividade, non deixedes de botarlle un ollo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut