Skip to Content

Histórico centro

THE BEST LANDSCAPES IN INDIA

May 2023

Landscapes in India are amazing!! Here is the presentation that Rishabh, our language auxiliar, prepared for 5th Graders.

Enjoy these marvellous places

just clicking on the picture.

 

Campus de tenis de mesa. Vincios

A Agrupación Deportiva Vincios informa sobre os campus  que van organizar este verán en Gondomar e Baiona para fomentar o tenis de mesa.

A actividade está aberta a todos os nen@s entre 6 e 16 anos, sen importar se o practicaron nalgunha ocasión. É unha boa oportunidade para fomentar o deporte entre os mozos.
 
Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto a través deste e-mail:
 

peitieiros2008@gmail.com

 

Moitas gracias
   
     Agrupación Deportiva Vincios
 
 
 

LETRAS GALEGAS 2023

Este ano conmemoramos o 60 aniversario. O homenaxeado non pode ser máis acaído xa que se trata duns dos impulsores desta celebración Don Francisco Fernández del Riego. Entre as actividades que levamos a cabo tivemos a sorte de poder contar con Bieito Lobariñas e Luis o Caruncho que nos ofreceron un espectáculo magnífico con regueifas e cantos. 

Aquí vos deixamos un resumo que agardemos que desfrutedes tanto coma nós.

 

 

Campamento verán

A Anpa en colaboración ca Asociación de Veciños e Matrácala organizan o campamento de verán no Centro Cultural de Donas. As inscripcións son ata o 12 de xuño. Está aberto a todolos nen@s.

Nos adxuntos tedes a información e a ficha de inscrición.

 INFORMACIÓN CAMPAMENTO

FICHA INSCRICIÓN

INFORMACIÓN CAMPAMENTO

FICHA INSCRICIÓN

UNHA NOVA DIMENSIÓN

O mércores 24 de maio as alumnas e alumnos de cuarto xunto coas de sexto asistimos a unha sesión de dinamización da lectura baseada no libro de Anxo Iglesias "Unha nova dimensión", libro merecente do Premio Merlín de Literatura Infantil do ano 2022.

O autor ofreceunos unha fantástica sesión que nos axudou a achegarnos a poesía dun xeito lúdico e imaxinativo.

Tal e como se describe a partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia. Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de creatividade. É un estímulo para a imaxinación!

Moitas grazas Anxo pola túa dispoñibilidade e por esta fantástica sesión, axúdanos moito a adquiri Unha Nova Dimensión da poesía.  

AULA MADRUGA 2023/24

AULA MADRUGA CURSO 23/24 

As familias que pensedes que ides facer uso da aula madruga, por favor, facede a inscripción antes do 20 de xuño. Así poderíamos saber se temos un número suficiente de alumnado interesado como para formar xa un grupo. De todas formas, se na primeira semana de setembro decides non facer uso dela, podédesvos dar de baixa sen problema pero así, axudaríanos para a organización.

Pinchando no enlace, podedes descargar a ficha de inscrición.

FICHA DE INSCRICIÓN

 

Moitas grazas

CAMPUS DEPORTIVOS DO CONCELLO

CAMPOS DEPORTIVOS XUÑO 2023

O Concello de Gondomar achega información sobre os campos deportivos que pon en marcha  en colaboración cos clubes deportivos deste concello. 

ENLACE

A ESE LOBO

A ESE LOBO

 

Despois de tanto traballo e esforzo, por fin está aquí o videoclip "A ese lobo". Grazas a toda a comunidade educativa e esperamos que vos guste. 



by Dr. Radut