Skip to Content

COMEZA O CICLO DO INVERNO

Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o millo e as cabazas. É tempo en que a rapazada fai os deseños na cortiza das cabazas, nabos ou patacas seguindo unha antiga tradición. Comeza o ciclo do inverno, da escuridade, da inactividade agraria. É tempo de recollerse é tempo de ... contactar e honrar aos nosos defuntos!

"Nin as bruxas, nin os demos ou zombis pintan nada no imaxinario desta festa, todo o máis as pantasmas coa cara tapada ou emborrallada como no magosto, festa que, por certo, ten bastante proximidade con esta. E dende logo nada de morcegos, arañas, bufos, ou outros animais semellantes, respectados no rural polos seus beneficios e satanizados... no Halloween." www.blogofiadeiro.blogspot.com

Si queres saber máis sobre a verdadeira orixe da celebración nesta ligazón poderás ver unha entrevista ao experto Antropólogo Rafael Quintía. 

Convidámosvos a manter a actividade que vimos facendo para conmemorar esta nosa festa:

1. Escolle unha cabaza ou un nabo dun tamaño manexable e facilmente transportable.

2. Decórao sen empregar para elo materiais que sexa preciso recuperar.

3. Tráenola ao cole o mércores 26 (xoves 27 os de Infantil) para facermos a exposición. (Aquelas que presenten bo estado enviarémolas de volta para casa o venres)

CERCO AO LOBO

Durante este curso que ven de comezar imos desenvolver no cole toda unha serie de actividades arredor do Proxecto titulado o Lobo. Para achegarnos a un coñecemento da súa situación actual dende o EDLG vos aconsellamos unha lectura desta interesante información que nos ofrecen dende o portal da Ciencia Galega GCiencia. Con certeza atoparedes datos interesantes para acompañar o vosos traballos neste Proxecto que se nos presenta ben emocionante.

 

 

Evolución da distribución do lobo na península dende o século XIX á actualidade.

 

 

 

Como sempre nos di a "Sciencia" debemos por sempre a fonte orixinal. Velaquí está:

https://zslpublications.onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/acv.12814

INICIO BIBLIOTECA

INICIO BIBLIOTECA POLAS TARDES

Informamos ás familias que o servizo de biblioteca polas tardes dará comezo o 17  de outubro, xa que despois das obras do verán, aínda non está preparada nin inaugurado o curso lector 22/23.

A partir desa data o seu horario será de LUNS  a XOVES, de 16:00 a 18:00h para o alumnado de 3º de primaria en adiante. 

ANPA

Estimadas familias:

 

A dirección da ANPA do CEIP Plurilingüe Souto Donas querémosvos dar a benvida neste curso escolar 2022-2023. Estes son os membros da ANPA:

Presidente: Xesús Míguez Clemente

Vicepresidenta: Samanta Torre Diego

Secretaria: Mónica Ramilo Méndez

Tesoureira: Leticia Arias Caride

Vogais: Ana Rouco Gonda, Andrea Estévez Glez., Eva Vázquez Dorado e Noelia Piñeiro Vázquez

Como sabedes, o curso pasado foi o noso primeiro ano como equipo. Para nós o balance foi positivo, pero sempre se pode mellorar. Aquí vai un resumo das actividades feitas e das propostas para o curso que entra:

Dende a ANPA intentamos, dentro das nosas posibilidades , mellorar os servizos e as instalacións do centro para tódolos peques do cole. O curso pasado retomamos a organización de Actividades Extraescolares e seguimos coa xestión da Aula Madruga.

Outras actividades que realizamos foi a entrega de regalos a cada clase no Nadal por parte do Apalpador, a colaboración na chocolatada, a entrega de orellas no Entriodo e de xeados  na festa de Fin de Curso, así como a contratación da empresa Ludiland para levar a cabo esta festa. Así  mesmo, a ANPA fixo unha aportación económica para a excursión de 6º

Tamén se fixeron varias aportacións para, da man do Equipo Directivo e o claustro, mellorar as instalación e o equipamento do cole. Algún exemplos son:

As novas mesas exteriores de madeira

A caseta exterior para a Blibioteca

As novas camisetas de deporte

 

Para este curso que comeza, xa sen as restriccións sanitarias dos tempos da pandemia,  intentaremos celebrar ás festa de Nadal e Fin de curso como se viña facendo anteriormente para o disfrute de toda a Comunidade Educativa.

Ademáis, este ano mantemos a maioría Actividades Extraescolares e facemos alguna proposta nova. Tamén ofertamos un servicio de ludoteca polas tardes para colaborar coa conciliación familiar.

 

Para poder levar a cabo todas estas actividades e outras, consideramos necesaria unha maior implicación por parte das familias, tanto á hora de botar unha man nas propostas da ANPA (xa sabemos que sacar tempo para axudar non sempre resulta doado, pero merece a pena intentalo!) como na aportación económica. É por isto polo que decidimos  que a cota será de 20€ anuais por familia.

 

 O curso pasado o 57% das familias eran socias da ANPA  e agardamos que ese número siga aumentando este curso. Non esquezades que todas as acción da ANPA son en beneficio de todo o alumnado do centro.

 

                A comunicación da ANPA ca dirección do centro é moi fluída e positiva polo que calquera inquedanza, idea ou suxestión que teñades transmitiremola  sen problema. Estaremos moi agradecidos de que vos poñades en contacto con nós a través dos seguintes medios:

 

No buzón da ANPA que se atopa na entrada principal do centro.

 

Correo electrónico: anpasoutodonas@gmail.com

Facebook: ANPA DONAS

                Para rematar, agradecer a tódalas familias socias que ano tras ano confían na labor da ANPA e  convidar ás que aínda non o son, e ás que inician este ano a súa andaina no colexio.

Feliz Curso 22-23!                                                                                                                                           ANPA SOUTO DONAS

 

Exemplos en imaxes do realizado o curso pasado:

 

 

NO ADXUNTO ESTÁ A FICHA DE INSCRICIÓN PARA SER SOCIOS DA ANPA

AVISO LIBROS DE TEXTO 3º

AVISO LIBROS DE TEXTO 3º DE PRIMARIA

As familias de 3º de primaria que teñan que recoller libros de texto do banco de libros, non teñen que vir antes do inicio de curso porque aínda non os temos todos. 

Cando dispoñamos de todos os lotes completos de libros, a titora xa se poñerá en contacto con vós para a súa recollida. 

Un saúdo. 

Calendario de reunións de inicio do curso 2022/23

CURSO 2022/23

A continuación indicamos o día e a hora das reunións de inicio do curso 2022/23

 

 

DÍA

 

HORA

1º CICLO (1º e 2º Primaria)

 

LUNS 5

 

10:00

2º CICLO (3º e 4º Primaria)

 

LUNS 5

 

12:00

EDUC. INFANTIL (4º, 5ºe 6º Infantil)

 

MARTES 13

 

16:00

3º CICLO (5ºA 5ºB e 6º Primaria)

 

MARTES 13

 

17:00

 As reunións serán por ciclos para tratar temas conxuntos e despois cada titoría irá co seu titor/a para tratar aspectos máis concretos de cada aula. 

É importante que os nenos non asistan a ditas reunións.  

Mercado Depoemprende en Vigo

As cooperativas de 5º e 6º, Boom Stars e Cooperaria, asistimos ao mercado provincial de cooperativas dependentes do programa Depoemprende na rúa do Príncipe en Vigo.

A pesares da chuvia persistente, da molladura e da falta de público asistente, agradecemos moito as compras e visitas que tivemos e tamén coñecer outras cooperativas para tomar nota de ideas de márketing e de diferentes modos de venda.

Algúns medios fixeronse eco do acontencemento:

 Se non puidestes asistir a Vigo non vos preocupedes. O próximo venres 17 de xuño faremos un mercado final no centro no que poderedes desfrutar dos nosos únicos artigos feitos a man a prezos de escándalo ;)

"Camiño no camiño"

Aquí podedes ver o videoclip "Camiño no camiño" relacionado co proxecto deste ano. Esperamos que o gocedes tanto coma nós!!

 

O camiño das estrelas

Amosamosvos o produto final dun traballo conxunto entre tódolos cursos de primaria. De 1º a 4º elaboraron este precioso e ilustrativo mural dos principais camiños na clase de Plástica e o alumnado de 5º e 6º complementou este traballo realizando unha presentación interactiva na que se amosa información relevante de cada unha das principais vilas que son parada destes camiños (adxuntamos a continuación un enlace ás mesmas)

Esperamos que vos guste o resultado!

CAMIÑO DE INVERNO CAMIÑO PRIMITIVO CAMIÑO FRANCÉS

CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA

CAMIÑO INGLÉS VIA DE PRATA CAMIÑO DO NORTE CAMIÑO PORTUGUÉS

 

Boom Stars conquista o mercado holandés!

Distribuir contido


by Dr. Radut