Skip to Content

Histórico centro

Semana do libro.

Para o mércores desta semana lectora, Yolanda e Tamara, María e Alicia contan máis contos. Mirade, mirade...

 

 

Semana do libro

Hoxe, xoves 22 de abril é o día da Terrra e propoñémosvos os contos de Nano "A terra acatorrouse", Marta e Bea "Unha árbore" e Guillerme "Non te amola". Esperamos que gocedes moito con eles. 

 

 

Semana do libro

23 DE ABRIL 

Hoxe celébrase o Día do libro e presentamos dous contos máis: "Pete the cat" por Marina e "Vacío" que nos conta Carlota.

Pasade bo día de contos e aventuras!!

 

WHAT´S THE TIME?

Semana do libro

Hoxe luns 26 de abril, presentamos os dous últimos contos deste mes. Nesta ocasión, Eva contounos "O incrible neno devorador de libros" e Miriam contou "¿Por qué no floreces?".

Moitísimas grazas a todos/as polas vosas contadas e esperamos que gocedes un montón con todas as aventuras!

 

Recomendación poesía, marzo 2021

Recomendación poesía, marzo 2021

Para ler poesía, deixámosche aquí as nosas recomendacións. 

POESÍA

Malas novas para o galego

Vimos de recibir malas novas sobre o emprego e dominio do galego por parte das rapazas e rapaces que rematan a etapa da ESO. Un estudo elaborado pola Real Academia Galega constata que: Continúa o desequilibrio: o 35% do alumnado castelanfalante remata a ESO cunha escasa competencia en galego.

Isto non fai máis que confirmar que o camiño que levamos non é o correcto e debemos pór o noso esforzo e interese en mellorar xa que vai a vida da nosa Lingua nelo.

Para obter máis información poñemos ao voso dispor un enlace á páxina web da RAG onde podedes consultar os datos do estudo realizado.

Está nas nosas linguas a posibillidade de darlle ao galego mil primaveiras máis. Animádevos.

 

Festa da bicicleta

Información sobre a festa da bicileta 2021 nos seguintes adxuntos

Festa da bicicleta 2021



by Dr. Radut