Skip to Content

Histórico centro

Día da muller e a nena na ciencia

Este mes de febreiro celebramos no cole o día internacional da muller e a nena na ciencia. O alumnado de 1º e 2º de Primaria tivemos o gusto de charlar con Rosario Domínguez Petit "Mima" (nai de Hugo de 3º de Primaria) que traballa no Centro oceanográfico de Vigo co obxectivo de reflexionar sobre a escasa presenza das mulleres en carreiras STEM e coñecer de primeira man o traballo dunha científica no seu día a día. Mima fixonos unha introducción sobre científicas famosas ao longo da historia, contounos detalles e anécdotas relacionadas co seu traballo e a súa traxectoria profesional e respondeu as nosas preguntas con gran amabilidade e paciencia.

Mil grazas polo teu tempo Mima!!

Aproveitamos esta entrada para facernos eco da campaña "No more matildas" da  Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas que busca denunciar as consecuencias do Efecto Matilda.

Video compis co tiktok "The boat beat"

De momento só temos o de Iago.

Irei incorporando os que vaiades mandando.

Entroido curso 20-21

 

Obra de teatro "Nautilus"

A Idade Media contada polo alumnado de 5º E.P.

O alumnado de 5º de primaria estivo a pescudar sobre a Idade Media. Logo de investigar sobre esta etapa da historia, decidiron crear este video para explicar os principais feitos que marcaron este período.

 

Propostas para o mes de marzo.

Aquí tedes un tiktok faciliño para facer en family ou con quen queirades. Fixadevos no movemento de cadeiras que ten que ser contínuo e coordinado co movemento de brazos.

I need somebody to love

https://www.youtube.com/watch?v=hMOO3Yrm4io&t=27s

 

Tamén deixo unha proposta dun lanzador/tirador con material reciclado. Super fácil de facer e moi divertido.

 

https://www.youtube.com/watch?v=d3Cafepij9w&t=11s

Se o facedes mandade fotos.

 

Tanto os videos do tiktok como as fotos do lanzador, enviádeas ao correo: educacionfisicadonas@gmail.com

fondo

fondo

fondo

Charla Contaminación Mariña con Patricia Quintas

Charla Susana Rodríguez Gacio

REFORESTACIÓN EN SAN CIBRÁN

O martes 9 de marzo as alumnas e alumnos de cuarto de primaria achegámonos ao merendeiro de San Cibrán para participar dunha actividade de reforestación. Coa colaboración da Comunidade de Montes de Donas puxemos o noso gran de area na labor de conseguir un entorno máis sostible.

Plantamos carballos, acivros, sobreiras, rascacús,... unha morea de árbores autóctonas que axudarán a mellorar unha estupenda área de lecer.

Queremos agradecer moitísimo a dispoñibilidade de Andrea, Lola e Marga que sempre se amosan voluntarias a colaborar conosco nesta tarefa, que alegría atopar a persoas tan preocupadas polo benestar xeral.

 



by Dr. Radut