Skip to Content

FESTA DE NADAL 2019.

BANCO DA AMIZADE.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, recibíu o luns, 2 de decembro, no Concello a Nina, Cristian e Nerea, tres alumn@s do CEIP Souto-Donas que lle entregaron unha carta en nome dos seus compañeiros e compañeiras. Forman parte do grupo de “mediación” que decidiron escribir a misiva para facerlle chegar ao rexedor o seu desexo de que no colexio sitúese un “Banco da Amizade”.

 

Nós somos o grupo de mediación do colexio e gustarianos desenvolver este proxecto no noso centro. Pensamos que é necesario para que ningún/ha nen@ estea so/a nos recreos”.

 

Paco Ferreira felicitou a Nina, Nerea e Cristian pola súa implicación e comprometeuse a situar no colexio Souto-Donas un dos catro “Bancos da Amizade” que, tal e como anunciou recentemente, construiranse no taller de carpintería do Centro Juan María.

É un banco a favor do respecto e a amizade.

OBRADOIRO "REGUEIFAS" 1º TRIMESTRE- CURSO 2019-20.

Comezamos o Obradoiro de “Regueifas” do curso 2019-20 coa seguinte creación,

feita polo alumnado do primeiro trimestre.

 

Esperamos que gocedes dela!!!

 

Preme na IMAXE e visualizarás o noso traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut