O venres visitamos a Casa das Ciencias. No planetario proxectáronnos "El cielo de Cloe", que lles gustou moito. Logo, recorremos as distintas plantas. O bo deste museo é que os nen@s poden tocar e experimentar.
Na mesa de actividades creei o espazo (fabas negras). Nel están os planetas, a Lúa e o Sol, tamén están os seus nomes. Os gatiñ@s teñen que atopar os planetas e asociarlle a cada un o seu nome.
Valentina trouxo un traballo sobre a primeira muller que viaxou ao espazo (ValentinaTereshkova) que, casualmente, chamábase coma ela. E, tamén, de Laika, a primeira cadeliña astronauta.
En arte os gatiñ@s están traballano coa profe Diana a Joan Miró. Esta comezou contándolles un conto sobre o artista e, logo, fixeron a súa versión do cadro titulado "Vuelo de la libélula frente al sol".
Hoxe Roi cumpriu 5 anos!! Celebrámolo cun biscoito de chocolate que estaba delicioso e do que repetiron, pero algúns aínda deixaron sitio para a súa merenda. Non perdoan nada!!! Tamén houbo baile ata a hora do recreo.
O venres celebramos o aniversario de Anna. Trouxo un biscoito con trociños de chocolate moi rico, non foron capaces de comelo todo e compartimos un pouquiño coas toupiñas. Anna non quixo unha candea de número e atreveuse con cinco. Menudos pulmóns!!!