Skip to Content

5 anos

PARABÉNS LOLA

Hoxe celebramos o primeiro aniversario do 2023: o de LOLA. Cumpriu 6 anos. Celebrámolo cun biscoito de chocolate con lacasitos que lles gustou moito.

 

 FELICIDADES!!!

 

FELICIDADES VALENTINA!!!

Valentina é a pequena do grupo. Cumpriu os anos tamén no Nadal e hoxe celebrámosllo cun biscoito de chocolate. Agora toca mercar a candea do 6 para os vindeiros aniversarios.

 

FELIZ ANIVERSARIO FRAN!!!

Hoxe celebrámos o aniversario de Fran. Cumpriu 5 anos no Nadal e como estábamos de vacacións aprazouse ata a volta.

 PARABÉNS!!!

 

FELIZ NADAL!!!

CHOCOLATADA

O último día,  antes das vacacións de Nadal, celebramos unha "chocolatada". Tomamos chocolate con churros todos xuntos. 

Rematamos  cantando a panxoliña  <Polo Nadal>.

 

AMIGO INVISIBLE

Este Nadal, no cole, participamos no "Amigo invisible" intercambiando postais. Todo o alumnado fixo unha postal para regalar a outro neno/a. Cada gatiñ@ fixo unha coma esta.

O derradeiro día fomos á biblioteca a coller a do noso amigo/a.

 

 

EXPERIMENTO CIENTÍFICO

Como estamos co proxeto do Espazo e, ademais, o mes do novembro é o mes da Ciencia, os gatiñ@s decidimos facer AREA LUNAR. O seguinte vídeo mostra todo o proceso:

 

Despois de mesturar ben a fariña co aceite xa temos a "area lunar".

 

Agora toca facer o seguinte experimento: 

CRÁTERES LUNARES

Para iso, previamente, os gatiñ@s fixeron con plastilina o seu meteorito. Agora imos ver o que fan os meteoritos na superficie da lúa.

 

 

Por último, rexistramos todo o aprendido nunha ficha.

FELIZ ANIVERSARIO IAGO!!

Comezamos cos aniversario de decembro.

Hoxe cumpriu anos Iago!!!

Trouxo un biscoito moi rico pero confesou que el non lle axudara á súa nai a facelo. Coma sempre non quedou nada...

 

PERCHEIROS PERSONALIZADOS

Como os gatiñ@s xa escriben moi ben o seu nome, decidimos cambiar os nomes dos percheiros con fotos por uns nos que eles/elas escriban o seu nome e decoren os carteis ao seu gusto: con ceras brandas, con témperas, etc.

 

Mirade que ben quedaron!!

 

 

FELICIDADES XULIO!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Xulio.

Xa ten 5 anos!!!

Do biscoito de chocolate con lacasitos que trouxo non sobrou nada. Ao rematar, puxemos música ata o recreo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut