Skip to Content

5 anos

SOMOS BANQUEIROS

Hoxe visitounos Tania, a mamá de Roi, e xogamos a ser banqueiros. Mostrounos o valor dos cartos, cubrimos unha certificación bancaria e ata aprendemos a aforrar!!

 

 

Onte tamén nos visitou Cristina, a mamá de Iago, para falarnos da súa profesión pero Mila esqueceu sacarlle unha foto.

Mágoa!!! ChoraChora

PICASSO

En arte, coa mestra Diana, estamos a traballar Picasso. Concretamente o retrato cubista. Primeiramente, practicamos as partes da cara co Sr. Patata e, logo, plasmámolo no papel, ata conseguir facer un retrato picassiano.

 

GRANXA DE BELELLE

Na granxa de Belelle fixemos moitas actividades. Visitamos todos os animais que  había: llama, dromedario, burro, cabras, pavos, etc.     

    

Plantamos na horta.

Fixemos pan.

 

E montamos en poni.

Unha das cousa que máis nos gustou foi comer todos xuntos.

Foi un día moi intenso, comezamos con moita ilusión

 

e rematamos así. 

 

PROFESIÓNS

Hoxe, visitáronnos os papás de Xulio, Natalia e Miguel, para falarnos das súas profesións. Foi unha grata sorpresa para Xulio!!!

 

O venres visitounos Loreto, a mamá de Pedro, para falarnos da súa profesión. Explicounos como se facían as casas e mostrounos distintos materiais de construción.

 

 

VISITA SORPRESA

Hoxe visitounos Uxía, a madriña de Arya, para falarnos da súa profesión: fotógrafa. Ensinounos a súa cámara e, mostrounos tipos de fotografías que realizaba. Para Arya foi unha grande sorpresa!!!

VERMES DE SEDA

No corredor da escola temos vermes de seda. Cada día cando imos ao patio facémoslle unha visita.

 

Agora xa están na fase crisálida. Xa fixeron o seu casulo.

VISITA

Hoxe visitounos o papá de Luis para falarnos da súa profesión. Foi moi interesante e aprendemos moitas cousas.


RECOLLEMOS AS LEITUGAS

Algunhas leitugas xa están moi grandes e hai que collelas. Así que, cada día, os gatiñ@s levarán unha leituga para casa. Hoxe tocoulle a Anna, Luis e Mikela.

 

FELIZ ANIVERSARIO MIKELA!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Mikela cun biscoito enorme, que estaba boísimo. Rematamos a festa bailando con Uxía Lambona.

 

SAÍDA AOS BOMBEIROS

O venres fixemos unha saída ata o parque de  bombeiros. Alí, os bombeiros foron encantadores con nós, explicáronnos moitas cousas e divertímonos moito!!

Ensináronnos o traxe de bombeiro e como se pon. Tamén algunhas normas de seguridade e a memorizar o número 112.

Logo, mostráronnos como era por dentro un camión de bombeiros.

 

E, ata nos deixaron subir a el!!!

 

Tamén  montamos na grúa elevadora.

 

E o bombeiro Dani subíu ata o infinito!!!

Leváronnos á recepción de chamadas e Anna falounos por megafonía.

Por último, apagamos un incendio simulado, foi moi divertido!!

Os bombeiros foron tan amables que nos regalaron unha mochila a cada un con moitas cousas dentro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut