Skip to Content

5 anos

EXHIBICIÓN BUXAINA

Onte tivemos na pista cuberta unha exhibición de buxainas. Foi incrible como as facía bailar. Os nen@ estaban coa boca aberta.

 

MINI PLANETARIO

Sabela trouxo un pequeno proxector con diapositivas do Universo. Era como un planetario. Puidemos ver o Sistema Solar. Gustoulles moito, tanto que se deitaron na alfombra para mirar o teito. Mágoa que o teito non fose liso.

 

MOVEMENTOS DE ROTACIÓN E TRANSLACIÓN

Luis trouxo unha maqueta feita na casa para explicar a rotación e translación da Terra. Mostrounos con unha lanterna como xurde o día e a noite e tamén nos explicou  como se produce un eclipse. 

Fíxoo de marabilla!!!

 

FELICIDADES VERA!!!

Onte celebramos o aniversario de Vera. Xa ten 5 anos!!! A súa nai preparounos un pastel delicioso. Os gatiñ@s non facían máis que levantar a man para poder repetir.

 

SORPRESA!!

Mirade o que atopamos hoxe no patio do cole!!!

 

Un montón de cogomelos!!!

Despois de ver os cogomelos, xogamos cunha corda que atopamos no patio.

 

Foi moi divertido!!

OUTUBRO: MES DO OUTONO, DO MAGOSTO E DO SAMAÍN.

CONTIDO EN CONSTRUCCIÓN, DESCULPADE AS MOLESTIAS.

Este mes de outono na clase de 6ºA comezamos a xogar en dous recantos novos: 

O RECANTO DA CLÍNICA VETERINARIA.

 

E o RECANTO DE MINIMUNDOS: O OUTONO.

 

Para este recanto pedimos a colaboración das familias con animais do bosque ou elementos naturais que ataparan dando un paseo polos parques ou os montes da zona.

 

E moitas familias colaboraron coas súas achegas ao novo e solicitado recanto.

 

Aquí vos deixo tamén algunhas das súas creaccións de xogo:

 

Neste mes iniciamos unha nova e marabillosa actividade os mércores: as CLASES DE LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA coa nosa mestra Isabel procedente da Federación de Xordos da Coruña. Grazas a ella esperamos aprender a comunicarnos moito mellor coa nosa compañeira e amiga xorda.

 

Con motivo desta actividade creamos un novo espazo fóra da aula que queremos empregar para facer desdobres da aula e así traballar en grupos medianos. Neste caso estamos media sesión con Isabel e outra media sesión merendando con Laura. Pero a idea e usar este novo ¨recanto¨para moito máis...

 

Neste mes iniciamos tamén o traballo de TRES NOVOS ENCARGADOS/AS da aula: o das ENCARGADO/A DAS PLANTAS, que ademais de vixiar que cada unha das nosas plantas teña a cantidade precisa de auga, pois non todas precisan a mesma, encárgase de limpar con coidado as súas follas de po. Ademais este encargados/as deben levar os restos da froita ao composteiro da escola para, máis adiante, ter fertilizante para as nosas hortiñas.

Os outros dous postos de encargado/a son para os CAMAREIROS E CAMAREIRAS que se ocupan, por agora, da limpeza das nosas mesas despois das merendas. Quizais non o pareza, pero son dous postos moi desexados na aula.

 

 

E, por suposto, comezamos a plantar na HORTA da escola. Comezamos plantando nabos.

 

Unha semana máis tarde xa estaban agromando da terra.

 

Comezamos a entender este proceso de xermolar, agromar e medrar das plantas ademais de con esta experiencia na horta, co conto de Xaime e as landras. Pero por esta banda quédanos moito que investigar e experimentar...

 

No resto de recantos seguimos a xogar-traballar. Afianzando RUTINAS E NORMAS da aula.

 

A metade do mes coñecemos outro NOVO RECANTO DE CONSTRUCCIÓNS, esta vez con chaves, torcas, desparafusadores e parafusos (llaves, tuercas, destornilladores y tornillos).

 

A nosa ASEMBLEA vai durando un pouco máis e comezamos a lembrar a asociación de sons e letras a partires dos nomes dos nosos compañeiros e compañeiras.

 

 

Seguimos disfrutando da hora de LECTURA na aula, despois do recreo. Mesmo un día veu o mestre en prácticas Diego a contarnos a historia de Macario o Dromedario.

 

Seguimos visitando as nosas GALIÑAS, pero tamén aproveitamos estes paseos para recoller as distintas FOLLAS DE OUTONO que foron aparecendo este outubro polo noso patio. Tamén descubrimos, algúns/has con grande sorpresa, que no noso patio tamén nacen cogumelos (setas)!

 

Logo as clasificamos atendendo aos atrivutos que nos foron parecendo.

 

E as utilizamos para crear unhas COROAS DE OUTONO que estreamos o día do MAGOSTO na escola. 

 

O día das BIBLIOTECAS fomos á nosa a ver un video moi interesante sobre o proxecto anual da escola que non é outro que a nosa cidade A CORUÑA. Teremos que poñernos a investigar sobre ella moi axiña.

 

A última semana do mes foi a semana das FESTAS DE OUTONO.

 

Por isto comezamos a decorar a nosa aula con elementos propios do SAMAÍN E DO MAGOSTO. 

Colaboramos todos e todas na medida do noso interese. Así que algunhas persoas fixeron un ou dous adornos e outras pintaron e recortaron montóns de figuras terroríficas.

 

Tamén comezamos a semana cun novo recanto de MAQUILLAXE. Nel, todo aquel que quixo fixo a súa creación na súa propia cara ou na dalgunha amiga ou amigo. Aquí tendes unha pequena mostra.

 

Cada día escoitamos un CONTO DE MEDO a maioría prestados por dúas compañeiras da aula.

 

 

O día do MAGOSTO fomos buscar as castañas ao castañeiro, as comimos todos xuntos/as no pavillón da escola, xunto co resto dos cursos do noso colexio. Despois iamos ter uns XOGOS DE MAGOSTO que nos apetecían un montón, pero canceláronse por mor da choiva. Que magoa! 

Compensámolo xogando ao Detective e outros xogos na aula.

 

E o último venres do mes, xusto o último día de cole anterior á celebración oficial, celebramos no cole o SAMAÍN. Para iso todo a clase veu disfrazada.

 

algúns /has completaron o seu traxe cunha maquillaxe especial. 

 

Xogamos, escoitamos cancións de Samáin, vimos algún videoclip destas cancións e tamén fixemos un OBRADOIRO DE MERENDAS DE MEDO. 

 

Escollemos entre as tres elaboracións posíbeis a que máis nos gustou e as fomos facendo ao longo da mañá.

 

Logo as merendamos, aínda que comelas non foi nin a metade de divertido que facelas... eleximos, cortamos, untamos, colocamos, pintamos,... unhas sorte de pasos que nos gustaron bastante máis que logo, degustalas (o chocolate era demasiado amargo...)

 

Despois fomos á Biblioteca do centro a ver e escoitar un contacontos terrorífico no que nos contaron a historia de Carabuñas.

 

Rematamos a festa con xogos musicais colaborativos, o XOGO DAS CADEIRAS (versión na que ninguen perde realmente, so descansa unha volta) 

 

E o xogo da BALSAS na que tiñamos que axudar a salvarnos a todos e todas con cada vez máis multitudinarias apertas...

 

Un mes especial e algo máxico no que nos coñecimos algo máis, nos comprendimos un pouco mellor, nos falamos con máis calma,...e no que de verdade gozamos moito desta clase tan marabillosa

 

 

 

ANIVERSARIO MELISSA

Hoxe Melissa cumpriu 5 anos. Celebramos o aniversario con un biscoito moi rico e, para rematar, baile na clase de música.

 

CONTACONTOS SAMAÍN

Hoxe fomos á biblioteca do Cole a un contacontos. A profe Nerea contounos o conto "Carabuñas".

MAGOSTO 2022

Hoxe celebramos o Magosto no Cole. O castañeiro trouxo un montón de castañas que estaban moi boas. Estaban  programados xogos pero, debido ao que choveu pola mañá, foron suspendidos.

 Foi unha mágoa!!!

 

COROAS DE OUTONO

Para levar o día do Magosto fixemos unhas coroas do outono. Primeiro fomos buscar follas secas por todo o colexio, logo, coloreamos e recortamos castañas e landras e, por último, montamos as coroas.

Quedaron moi chulas!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut