Skip to Content

5 anos

CAMPO DE FLORES

Hoxe fixemos un taller de arte baseado nas ideas de Hervé Tullet. Con puntos e círculos creamos un campo de flores.

 

FELIZ ANIVERSARIO ARYA

Arya cumpriu onte 5 anos. Celebrámolo cun biscoito de laranxa e chocolate riquísimo, que serviu, tamén, para que o primeiro día de clase foxe moito máis agradable e levadeiro.

 

GRADUACIÓN INFANTIL 2022

As nenas e nenos de 6º de infantil son maiores. O próximo curso van iniciar, ilusionados e contentos, una nova etapa.

Este luns celebraron a súa graduación chea de ledicia, sorisos, emocións e actuacións. Aí tendes o vídeo para ver o que pasou.

 

MAGOSTO E OLIMPIADAS DA CASTAÑA

Esta  semana  desfrutamos  do  Magosto  comendo  castañas  e  participando  nas  olimpiadas  da  castaña. Que  ben  o  pasamos!!!

 

 

 

 

 

O NOSO SAMAÍN

Esta  semana  @s nen@s  das  aulas  de 6º de  Infantil estiveron  facendo  actividades relacionadas coa festividade do Samaín. O  pasaron  TerrorífiiiiicoooooGuiño¡¡¡¡¡¡

Decoramos cabazas:

Fixemos un Photocall:

Falamos dos nosos medos e decoramos as nosas aulas:

 

HORTA

Sementamos nabos!!!! Grazas profe Xulio.

PROXECTO UNIVERSO

Ola familias!

Detectados os coñecementos previos e o que querían saber, comezamos a decorar as portas e organizar o recanto do proxecto.

Seguen chegando estupendas aportacións. Grazas!

PROXECTO UNIVERSO

Comezamos co Proxecto do Universo e co proxecto chegan as aportacións. GRAZAS FAMILIAS!

Tamén coñecimos a DOC e programamos o percorrido a seguir... Que ben o pasamos!

ÚLTIMA SEMANA DO CURSO 2019-2020, DO LUNS 15 AO VENRES 19 DE XUÑO

Ola familia, aquí estamos comezando a última semana deste curso 2019-2020 que ten un final tan excepcional. Deixovos a continuación as últimas propostas de actividade. 

 

PROPOSTAS DE LÓXICA: ENIGMAS CON SUMAS E RESTAS.

Propóñovos dous enigmas, un máis fácil e outro máis difícil.

1. COLOREAR CON SUMAS E RESTAS: No primeiro temos que facer as sumas que aparecen no debuxo para saber de que cor teremos de colorear cada parte. O podedes imprimir ou simplemente facer as sumas para saber a que cor se corresponde cada parte e logo colear no ordenador ou na tablet usando un programa tipo Paint. Ou podedes facer so as sumas polo pracer de dar co resultado.

So con sumas.

 

Con sumas e restas:

 

Tendes estas imaxes nesta ligazón por se queredes descargar estas e outras deste estilo. Ou poñendo no buscador a dirección que ven nas imaxes.

2. ENIGMA CON SUMAS. Aquí tendes xa unhas sumas máis complicadas. Se vos gustan e queredes máis atoparedelas nesta ligazón a orientacionandujar.es. Eu vos recomendo usar as regletas para facer estas sumas escondidas. Xa me contaredes!

 

PROPOSTA DO OBRADOIRO DE EXPERIMENTOS: O OLLO QUE NON VE.

Este experimento é unha idea do blogue conpequesnacasa. Espero que vos guste. Premendo no nome do blogue ou na foto ides ao paso a paso.

 

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES SENSORIAIS E MANIPULATIVAS: MINIMUNDOS CON BOLAS DE HIDROGEL

A xa famosa por aquí nai do blogue de diverbichillos nos propón usar bolas de hidrogel para facer unha mesa sensorial ou un minimundo do máis tactil. Estas bolas cando as mercamos son moi pequeniñas, temos que hidratalas deixandoas en auga, seguindo as instruccións. Se vos animades mandade algunha foto!

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de DiverBichillos (@diverbichillos) el 15 Ene, 2020 a las 2:36 PST

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de DiverBichillos (@diverbichillos) el 8 Jun, 2020 a las 2:43 PDT

 

PROPOSTA DE MEDIOAMBIENTE: REDUCIR O PLÁSTICO DUN SO USO NAS NOSAS MERENDAS.

Aquí vos deixo, como vos prometín, as miñas proposta para unhas merendas na escola máis sostibles, a ver se coincidimos!

 

BOTELLA DE PLÁSTICO DE AGUA MINERAL

BOTELLA METÁLICA OU DE PLÁSTICO REUTILIZABLE. PODEDES RECHELA CON AUGA DA BILLA OU CUN BOTELLÓN DE AUGA MINERAL.

 

BOCADILLO ENVUELTO EN PAPEL DE ALUMINIO

FIAMBREIRA METÁLICA QUE PODE OU NON TER VARIOS COMPARTIMENTOS. OU A DE ABAIXO.

 

ZUMO EN TETRABRICK CON PAJITA DE PLÁSTICO

ZUME DE BRICK GRANDE (OU MELLOR NATURAL, OU AÍNDA MELLOR BATIDO DE FROITAS ) NUNHA BOTELLA REUTILIZABLE METÁLICA OU DE PLÁSTICO, COMO A DE ARRIBA. PODEMOS PRESCINDIR DA PALLIÑA OU USALAS DE SILICONA REUTILIZABLES (LÍMPANSE CON CEPILLIÑOS TIPO LIMPAPIPAS QUE SOEN TRAER NA CAIXA)

 

BOCADILLO ENVUELTO EN PLÁSTICO

FIAMBREIRA DE PLÁSTICO, CON OU SEN COMPARTIMENTOS. OU A METÁLICA DE ARRIBA.

  COMPRAMOS UN PAQUETE GRANDE E METEMOS AS TORTIÑAS OU GALLETAS NUNHA FIAMBREIRA COMO AS ANTERIORES. OS QUEIXIÑOS OS SUTITUIRÍA POR PORCIÓNS DUN QUEIXO GRANDE TAMÉN EN FIAMBREIRA.

 

PROPOSTA DE DEBUXO, LECTOESCRITURA E XOGO EN FAMILIA: PICTIONARY CASEIRO.

Supoño que xa coñecedes este xogo, consiste en facer unhas tarxetas con nomes de obxectos, accións, elementos naturais, ... ou o que se vos ocorra. Logo as baraxamos e imos por turnos de un en un collendo unha tarxeta. A lemos e logo temos que facer o debuxo do que hay escrito, o resto de xogadores/as teñen que adiviñar o que estamos debuxando. Por suposto non podemos falar.

 

 

PROPOSTA DE LECTOESCRITURA: ENIGMA DAS INICIAIS.

Hai dúas semanas tivéchedes que adiviñar algunhas palabras a través das letras iniciais dalgúns xoguetes e obxectos da casa. Hoxe vos propoño descifrar esta frase de despedida do curso que vos deixo aquí. Para algúns/has será difícil ir lendo as palabras que nos saen,pero podedes axudalos con esa parte. O máis interesante sería que eles e elas intentasen descubrir cal é a primeira letra de cada un destes debuxos, a escriben e así irán saíndo esa mensaxe oculta. Logo, se fai falla, xa lles axudades vós a ler o contido da mensaxe secreta.

Un grande aperta a todos/as!

 

LUNS 8, MARTES 9, MÉRCORES 10, XOVES 11 E VENRES 12 DE XUÑO

Ola familias, como xa vos comentei no grupo, esta semana poñeremos nunha soa entrada todas as propostas da semana. Esperamos que vos gusten.

 

DÍA DOS OCÉANOS

Como vos comentei a semana pasada, este luns celebramos o día dos océanos. Así que vos imos facer, de primeiras varias propostas relacionadas con este día, co coidado dos océanos e os seus habitantes e coa protección do medioambiente en xeral.

PROPOSTA DE LECTURA NA CASA: CONTOS E LIBROS PARA FOMENTAR A CONCIENCIA MEDIOAMBIENTAL.  Esta páxina á que vos remito premento na fotografía é do clubpequeslectores.com, e presenta 20 contos para aprender a importancia de coidar o noso entorno. Son propostas especificadas por idades, pero xa sabedes que iso é algo orientativo, algúns para maiores podemos lérllelos nós e resultarlles moi interesantes se lles motiva o tema. Son libros que, se vos interesan, podedes mercar, pedir para o voso cumple ou conseguir nalgunha biblioteca municipal.

PROPOSTA DE CONTO DIXITAL: EL JARDÍN CURIOSO. Peter Brown.

 Este é un dos contos propostos nesta páxina que eu descubrín con grande ledicia. Espero que vos guste tanto como a min. Nesta ocasión quen le o conto e unha mestra aos seus alumnos e alumnas, así que lles fai varios comentarios polo medio da lectura. Aínda así vos poño este video porque é o que atopei no que mellor se ven as fermosas, e tan importantes para a historia, ilustracións do libro. 

PROPOSTA DE MEDIOAMBIENTE: COMO REDUCIR O CONSUMO DE PLÁSTICOS DE UN SO USO NA MIÑA MERENDA DA ESCOLA.

O venres pasado propúxenvos facer unha investigación para reducir o consumo de plásticos de un so uso na vosa casa. Hoxe vos propoño algo máis sinxelo que nos pode servir tanto se fixemos esta investigación coma se non, para poñer o noso graniño de area para mellorar coidado dos océanos e o medioambiente en xeral dende algo tan habitual para nós como é a merenda que levamos á escola. 

Gustaríame que pensarades, con axuda das vosas familias, que alternativas podemos atopar a estes produtos, habituais nas merendas, que usan plasticos de un so uso:

 

BOTELLA DE PLÁSTICO DE AGUA MINERAL
  BOCADILLO ENVUELTO EN PAPEL DE ALUMINIO
  ZUMO EN TETRABRICK CON PAJITA DE PLÁSTICO
  BOCADILLO ENVUELTO EN PLÁSTICO
  PAQUETES INDIVIDUALES DE TORTITAS, GALLETAS, QUESITOS O ALGO SIMILAR. 

 

Escribín a descripción en castelán para que o poidan ler eles e elas se lles apetece intentalo.

A próxima semana poñereivos un pequeno exemplo do que faría eu neste caso, a ver se coincidimos!

PROPOSTA DO OBRADOIRO DE COCIÑA: FACENDO XEADOS CASEIROS E MÁIS SAUDÁBEIS.

Aquí tendes as receitas de cinco xelados que podemos facer na casa e que son máis saudábeis que os comerciais. Estas receitas son da páxina de lapediatralaura e de chefbosquet. Espero que os gusten!!

Esta é a explicación, espero que sexa bastante clara, eu tamén vou a probar a facer algún...:

1. MINI DONUTS HELADOS DE CARAMELO DE PISTACHO:⁣
-Tritura 100g de pistacho picado /70g dátiles remojados/50g agua de dátiles/80g queso batido.⁣
-Pasa al molde, congela y cubre con chocolate.(salen 15)⁣
2.HELADO DE PLÁTANO Y MORAS.⁣
-Tritura 2 plátanos congelados, 200g de moras congeladas, un poco de lima y decora al gusto.(2-3raciones)⁣
3. POLOS DE FRUTA Y YOGUR⁣
-Tritura fruta (frambuesa, mora, kiwi, etc) y llena 1/3 del molde, acaba de rellenar con yogur y congela.⁣
4.CALIPO DE MANGO: Tritura un mango, zumo de 1/2 lima y 5 hojas de hierbabuena. Pasa al molde y congela.(salen 3-4)⁣
5. FRIGOPIE.⁣
-Tritura 30g frambuesa, 100g fresa, 50g dátiles remojados. Monta 100g de Nata e integra en la mezcla anterior. -Pasa al molde y congela.⁣
(Salen 4-5)⁣
•⁣
NOTAS Y TIPS:⁣
-Puedes usar indiferente: yogur(vegetal o no), queso batido..⁣
-Nata de vaca o vegetal.⁣
-Puedes adaptar todo a tus moldes.

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de Dra. Laura Álvarez (@lapediatralaura) el 5 Jun, 2020 a las 11:32 PDT

 

 Se facedes algunha desta recetas, e vos gusta, lembrade escribir cos vosos fillos e fillas a receita, para así xogar un pouco coas palabras, as letras e texto da receita.

 

 PROPOSTA DE LÓXICA MATEMÁTICA: COMPOSICIÓN DOS NÚMEROS CON REGLETAS.

Esta volve a ser unha actividade para utilizar as regletas de cuisenaire que podedes volver a descargar e imprimir se premedes na imaxe, pois vos leva ao outro día no que vos propuxen a primeira actividade con estas regletas.

Hoxe vos propoño facer a composición de todos os números, do 1 ao 9 coas regletas.

 

A idea é empezar polo primeiro número, como podemos compoñer o número 1 coas regletas?

Presentamos o material ao neno/a e terá que poñernos o número con todas as posibilidades que teña usando este material. 

Sucede o mesmo co 2, pero veremos que aquí temos dúas posibilidades (estas imaxes son para vós, familias, eles e elas deben ser os que cheguen a estas conclusións usando as regletas)

 

Co resto de números teremos tamén outras posibilidades, a idea é que eles e elas sos dean con todas estas composicións, sempre podedes colaborar con eles/as se están algo atascados/as.

 

PROPOSTA SENSORIAL: RESCATE DOS ANIMAIS DUN MAR DE PLÁSTICOS CONTAMINADO.

 Unha idea da creativa creadora do blogue diverbichillos da que, xa vedes, que son moi seguidora. Creo que para os nenos e nenas da nosa clase, en xeral é un xogo manipulativo, divertido e moi pringoso. No blogue tendes toda a explicación:

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram
 
 
 

Una publicación compartida de DiverBichillos (@diverbichillos) el 20 Ene, 2020 a las 2:06 PST

 

PROPOSTA DE EXPERIMENTOS: DE VASO A VASO.

Este é un experimento do blogue conpequesnacasa. Moitas grazas a esta mestra por compartir tantas propostas tan interesantes. Unha vez máis, premendo na imaxe, ou no nome do blogue ides ao paso a paso con fotos deste experimento.

Materiais: Bandexa grande, dous vasos, cordón tipo la, fixo e auga.
 
Proceso: O xogo consiste en pasar a auga dun vaso a outro, sen que caia, e poñendo os vasos moi lonxe o un do outro.
 

 

PROPOSTA DE LETRAS: ASOCIACIÓN DE PALABRAS E ANIMAIS MARIÑOS.

Seguindo con esta celebración do día dos océanos, e tendo en conta que xa estamos ás portas do verán e da praia aquí vos deixo esta proposta en forma de ficha que podedes descargar no enlace de adxuntos. A cuestión é asociar as fotografías cos nomes. Tendes nomes a versión con maiúsculas e con minúsculas, para os/as que o prefiran. Podedes imprimir a ficha ou facela visualmente no voso ordenador ou tablet. 

Distribuir contido


by Dr. Radut