Skip to Content

MARTES 12, MÉRCORES 13, XOVES 14 e VENRES 15 DE MAIO

Ola familias! Unha vez máis desculpade por estes días da semana pasada de silencio na web, xa teño ordenador así que con estas activiades espero compensar un pouco este impás. Coma sempre as actividades son opcionais, claro, pero se decidices facer algunha vos agradecería moito que compartirades no grupo algunha foto e mesmo, se pode ser, algún comentario sobre a mesma, algunha suxerencia de mellora, algún cambio que fixeradesa para mellorala ou por gusto... sería de grande axuda se vos apetece.

PROPOSTA DE PLÁSTICA: INSTRUMENTOS MUSICAIS CON ROLOS DE CARTÓN: MARACA E PAU DE CHOIVA. 

A idea é que escollades un dos dous, segundo vos interese máis ou vos pareza máis complicado. No video que aparece a continuación a decoración dos instrumentos é moi concreta. Eu vos propoño seguir o video para construir a maraca ou o pau de choiva, pero propóñovos que a decoración corra a cargo dos vosos fillos e fillas e da súa creatividade. Pode ser moi sinxela, simplemente decorandoa con dubuxos a rotulador, ceras ou témpera. Ou podedes pegar papeis de cores, cartolinas, cintas adheivas decoradas, cintas de agasallo,... 

Materiais básicos para a maraca:

- un rolo de cartón do papel hixiénico.

- un pau plano, tipo pau de xelado ou algo similar.

- Pegamento forte.

- Pegamento de barra.

- Cartolina para para cerrar o rolo arriba e abaixo.

- Lápis.

- Tesoira.

- legumes ou arroz para o interior.

- Elementos variados a gusto para decorar.

Materiais básicos para o pau de choiva:

- un rolo de cartón do papel de cociña.

- un limpapipas (arame recuberto de peliños para facelo suabe), o atopades en papelerías ou bazares.

- 2 gomiñas elásticas.

- Cartolina para cerrar o rolo arriba e abaixo.

- Legumes ou arroz para o interior.

- Elementos variados a gusto para decorar.

No video aparecen todos os pasos a seguir. Tamén tendes dous instrumentos máis, despois distos, por se vos apetece facer algún máis.

PROPOSTA DE LÓXICA: SUMAS DO 10 CON REGLETAS. 

 Adquirir o concepto de número é fundamental para poder avandar no coñecemento matemático. As veces pensamos que se coñecen ben a serie numérica xa está, pero o importante é que teñan moi claro o que significa cada número. Por exemplo, o 5 non é o número que vai despois do 4 e antes do 6 soamente. De feito debemos interiorizar que o 5 contén 5 elementos, por iso é o 5, e vai despois do 4 porque contén un elemento máis, e antes do 6 porque ten un elemento menos. Por iso as regletas son un recurso tan interesante para adquirir un montón de conceptos matemáticos, pero este é dos máis básicos e importantes.

Se non tendes ou non podedes ou queredes invertir nunhas regletas para a vosa casa, aquí vos deixo unha ligazón onde podedes descargar un PDF coa versión imprimible, na web creciendoconmontessori.com, vos explica un pouco o que son as regletas, vos deixa algún enlace comercial para mercalas (tendes moitas mais opcións na web) e vos deixa, como a metade do artigo, un botón que pon "DESCARGAR IMPRIMIBLE" onde descargades o PDF coas dúas opcións, as de Montessori e as de Cuisenaire. Tamén vos da a opción con ou sen divisións para marcar a cantidade de elementos que contén cada regleta. Eu vos recomento con divisións. Así podedes descargalas e imprimilas para facer esta actividade que vos recomendo encarecidamente.  Xa a fixemos na nosa clase coas regletas Montessori de dúas cores, pero as que vos deixo aquí son as de varias cores, e insisto en que usedes mellor as regletas Cuisenaire para que se vaian quedando con esa asociación de cores e números (as de Montessori usa outra asociación de cores), pois son, se cadra, as que usaredes máis na escola e coas que podedes facer moitas actividades propostas pola rede. Noutras entradas fareivos máis propostas coas mesmas.

As regletas impresas non teñen volume, certo, pero si que teñen o tamaño correcto e nos servirán perfectamente para facer estas actividades. Se podedes vos aconsello pegalas, antes de recortalas, nunha cartolina ou, mellor, nun cartón, para que a súa manipulación sexa máis cómoda. 

A actividade de hoxe consiste en construir coas regletas todas as sumas do 10 que poidamos facer usando as regletas do 1 ao 10.

Pimeiro podemos ordenalas por tamaño para lembrar cales son e logo determinar, mellor que o fagan eles/as coa nosa guía, se fixera falla, a que número corresponde cada unha.

Agora colocaremos en primeiro lugar unha regleta do 10. 

O xogo consiste en que, usando as regletas de 2 en 2 vaian construindo ese número 10 por comparación de tamaños, como podedes ver na imaxe de clase na que aparencen facendo esta actividade coas outras regletas das que vos falei. É dicir, construiremos todos os números 10 posíbeis a partir da convinación de 2 regletas do 1 ao 10 de cada vez. Por exemplo:

10 (primeira regleta)

5 +5 (regleta do 5 xunto a outra regleta do 5 mide o mesmo que a regleta do 10)

9+1 (regleta do 9 xunto á regleta do 1 mide o mesmo que a regleta do 10)

Así veremos que xuntando eses elementos imos obtendo o número 10.

Logo podemos ir escribindo nun folio todas as sumas do 10 posíbeis.

 

 

PROPOSTA DE LETRAS: OBXECTOS QUE EMPEZAN POLA LETRA... 

Esta actividade xa vola propuxen hai unhas semanas, a tendes nesta ligazón, na segunda proposta, a de letras, para que buscarades elementos da casa que empecen pola letra dos/as compis da clase e, de dúas en dúas letras foran colocando os obxectos segundo empezaran por unha ou outra das letras escollidas.

Como vedes esta é unha actividade moi ampla que podemos facer en moitas ocasións usando dúas letras e os obxectos que teñamos pola casa. Por iso vola volvo a poñer, para que lembredes facela de vez en cando. Nesta ocasión podedes ir usando as outras letras, as que non son das inciciais dos nenos e nenas da clase, pero están nos seus nomes, no interior dos mesmos. Así imos avanzando na asociación en interiorización dos sonidos e as letras, que son a representación dos mesmos. 

Podemos completar a actividade cunha ficha na que irán escribindo os nomes destes obxectos de forma autónoma, ou so coa nosa axuda fonética, marcándolle os sons que aparecen na palabra, pero NON debemos dicirlles que letras faltan, se non distinguen un son non pasa nada, xa o farán, depende do seu momento de lectoescritura.

Lembrade que, por exemplo na palabra: TENEDOR, se eles/as escriben, TEO, EER ou TNEOR están todas ben. Se seguimos repetindo este tipo de actividades de asociación fonética cada vez recoñecerán máis sons e os asociarán ás súas grafías. 

 

 

PROPOSTA DE PINTURA: A COLAXE (collage)

Propóñovos esta técnica tan libre e interesante.

Podemos usar calquera material en papel ou cartolina e mesmo cartón que teñamos pola casa e non nos importe recortar: revistas, xornais, papeis de diferntes texturas, cartolinas de cores, caixas, fotografías,... e mesmo algún material extra como la (lana), cortiza (corcho), fitas (lazos), pequenos obxectos de plástico... e todo o que se vos ocurra.

Ademais deste material base necesitamos:

- folio ou cartolina onde facer a nosa colaxe.

- pegamento (de barra ou o que teñades que poidan usar as nenas e nenos).

- tesoiras

- material opcional: pinturas, rotuladores, ceras, témpera, purpurinas, ...

E agora deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade. Ou iso vos recomendo eu. Hai varios tipos de colaxe, como podedes ver nas fotografías, pero eu vos recomendo comezar pola completamente libre, sen intentar facer ningún debuxo concreto, a ver que sae. Se vos gusta logo podedes facer as  de intentar facer un debuxo concreto e logo o "coloreamos" cos nosos papeis e elementos de cores.

Nesta ligazón da webdelmaestro.com vos explica como facer esta última versión de colaxes, por se vos interesa.

A ver que vos sae. Se vos animades non deixedes de fotografiar e compartir coa clase as  vosas obras!

  

PROPOSTA DE CONTO DIXITAL: CARABUÑAS



page | by Dr. Radut