Skip to Content

5 anos

ARAÑAS TERRORÍFICAS!!

En plástica, polo Samaín, fixemos unhas arañas terroríiiificas pero  simpáticas.

 

 

Tamén decoramos a aula.

       

 

 

 

 

MATERIAL PROXECTO

Os gatiños/as están traendo material moi interesante sobre o proxecto O espazo. 

Lis trouxo un foguete feito na casa onde ela é unha astronauta que vai na nave.

 

Xulio trouxo un sistema solar feito con bólas de porexpan e tamén un xogo  dos planetas co seu nome en madeira.

Iago trouxo un  libro sobre o espazo moi interesante.

 

 

Pedro trouxo hoxe dous libros do espazo que aínda non nos dou tempo de mirar con detemento.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o Día das Bibliotecas, Teca, a mascota da biblioteca, invitounos a ver un vídeo de presentación do proxecto A Coruña.

GRAFO ARTE

Como na aula estamos aprendendo  a trazar espirais e bucles, decidimos facer arte con iso.

Mirade que ben nos quedou!!

 

TEMOS UNHA NOVA COMPAÑEIRA

Para aquelas familias que non estean enteradas, temos unha nova compañeira na aula. Chámase Natalia e dámoslle a benvida!!

PLANTAMOS NABOS

Hoxe, como a terra estaba preparada polos maiores, fomos plantar nabos, para logo ter nabizas e grelos para facer un caldiño. As sementes, como eran moi pequenas, mesturáronse con area para poder espallalas mellor. Xa non as regamos, pois daba chuvia para a tarde.

 

PROXECTO PLANETAS

Valentina trouxo á aula un libro sobre os planetas. Titúlase "El gran libro de las estrellas y los planetas". E Nuno, da clase das toupiñas, deixounos  o conto "Clementina y los planetas".

    

 

 

MÁIS DÍAS DE ADAPTACIÓN, RECANTOS E XOGO

    Estas dúas semanas dende a nosa primeira publicación, na nosa clase de 6ºA seguimos adaptándonos. Nos adaptamos á volta ao cole despois do delicioso verán, botando de menos cousas e sobre todo xente, como estar con mamá ou con papá tamén pola mañá... Ademais nos estamos adaptando aos novos espazos e actividades propostas, aos ritmos e rutinas que se nos piden agora e que son distintas ás do ano pasado. E, sobre todo, estamos adaptándonos as novas normas, algunhas propostas pola mestra e outras acordadas en asemblea. E mesmo seguimos adaptándonos ás novas persoas, mestras e compis, pois non hai tanto que nos coñecemos pero ademais acabamos de recibir a un novo compañeiro na aula.

   Aquí vos deixamos algunhas fotos destes días con algunha merenda ao sol, algunhas sesións do Obradoiro de Pintura que iniciamos (a ver se a partir das fotos vos contan algo...), xogos libres e xogos dirixidos nos recantos, agarimos ás queridas galiñas, o novo recanto de debuxo e pintura, a limpeza (ou o intento de limpeza) da nosa leiriña na horta, descanso e hora de lectura no noso "recanto exterior", os ninjas da clase de psicomotricidade e xogos de mesa individuais e grupais pero cooperativos.

Tamén tivemos a semana protagonista de Litzy, pero esas fotos as subimos noutra ocasión pois fáltanos rematar un agasallo amoroso que lle estamos preparando entre todos/as.

Merendas ao sol.

Obradoiro de pintura "O país das cores".

Máis xogos libres e dirixidos nos recantos.

Agarimos e intentos de agarimos ás nosas galiñas.

Novo recanto de debuxo e pintura.


 

Limpeza da nosa horta.



Descanso, xogo e contos no noso recanto exterior.


Ninjas da clase de psicomotricidade.

Xogos de lóxica individuais.



 

Xogos de mesa cooperativos.

 

 

 

COMPOSICIÓN XEOMÉTRICA

Coas figuras xeométricas creamos arte. Facemos unha composición e poñémoslle un título.

6º A: COMEZAMOS CO CURSO 2022-2023

Este ano a clase de 6ºA de infantil comezaron o curso nunha nova aula, entrando por unha nova porta ao cole e tamén cunha nova mestra. 

Os primeiros días os dedicamos a reencontrarnos cos antigos compis nos xogos, descubrir os materiais e recantos da nova aula e a coñecer a un novo compi do grupo e á nova profe tamén. 

Ao principo xogamos libremente por onde nos apeteceu, aínda que nos atopamos con certos límites, como subír a mesas e cadeiras ou correr pola aula. 

 

Tamén tivemos a tarefa de nomear o noso percheiro e facernos un autoretrato mirándonos ben no espello para non esquecernos de nada. 

 

En poucos días as rutinas da aula foron cambiando: imos tendo unha asemblea cada vez máis longa, aínda que nos custa un chisco escoitar, porque non é tan fácil, a verdade, cando unha está desexando poñerse a xogar...

 

Tamén nomeamos e decoramos con pegatinas os nosos caixóns. A maioría xa teñen moitas creacións libres feitas con rotuladores, ceras, recortes, celo, selos variados...

 

Outra cousa que fixemos varias veces estes primeiros días foi ir saudar as nosas galiñas. 

 

Como os luns o cole nos trae esa grande cesta de froita a media semana temos que levar todas as mondas ao composteiro co que logo abonaremos as nosa horta.

 

Tamén contamos aos amigos e amigas algunhas das cousas maravillosas que fixemos coa familia no verán.

 

E seguimos explorando os xogos que nos ofrece esta nova aula, moitas veces ao noso aire e outras veces facendo algún traballiño máis específico guiados polas mestras.

 

Por suposto coñecimos aos profes novos como o profe Rubén de Educación Física e a profe Loli que nos enseña os ritmos musicais. Pero tamén saúdamos con gusto ás xa coñecidas do ano pasado como a teacher Conchi ou as mestras de reli e valores Almudena e Lidia. 

 

Por último descubrimos o noso patio cheo de divertidas novidades de xogos e unha sorpresa que nos está interesando, unha vez máis, un montón...

 

Botarémonos a investigar estes adorados bichiños do patio? ou ao mellor botamos a voar a nosa imaxinación nunha nave espaciál como a da galiña Clementina? Xa se saberá...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut