Skip to Content

5 anos

XOGO CONSTRUCIÓNS

Hoxe Luis trouxo un xogo de construcións enorme para compartir cos seus compis. Foi todo un éxito, houbo que facer quendas para que todos poideran ir.

 

RECOLLEMOS OS ALLOS PORRO

Hoxe, coa axuda dos  alumnos do profe Xulio, fomos á horta a recoller os porros. 

 

FELICIDADES MANU!!

Hoxe celebramos o aniversario de Manu, trouxo un biscoito de lacasitos moi rico do que non quedou nada!!!

 

CONCERTO

 

Hoxe fomos ao Palacio da Ópera a ver "Caperucita Roja, tu primera ópera".

Foi moi divertiva e participativa, os alumno/as ríronse moito.

 

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro fixemos un marcapáxinas.

 

Tamén tivemos un apadriñamento lector, os alumnos de 5º de primaria léronlle contos aos gatiñ@s na biblioteca.

MERENDA CAMPESTRE

O venres tivemos a nosa primeira merenda campestre.

HORTA

Despois do contacontos, demos un paseo e visitamos as nosas leitugas e, para a nosa sorpresa, atopamos os bancais limpos de malas herbas.

      

Contáronnos que foron as familias que veñen pola tarde a traballar na horta.

MOITAS GRAZAS!!!

Tamén tivemos tempo de xogar un pouquiño no parque.

 

CONTACONTOS

Hoxe, dúas alumnas de 6º de primaria, Sabela e Antía, viñeron á hora do conto e léronnos un conto en inglés.

FELICIDADES DANA!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Dana, a seguinte en cumprir 6 anos. Os seus avós trouxeron un biscoito riquíiiisimo con lacasitos. Coma sempre, non sobrou nada!!!

 

PARABÉNS!!!

 

PANTALLA DIXITAL

Instalaron en todo infantil pantallas dixitais!!!

Son estupendas, e non precisan proxector!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut