Animación á lectura
SEMANA DO LIBRO
Durante a semana do libro fixemos portadas de contos, podedes ver o noso traballo no seguinte vídeo:
DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA
21 de marzo
Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o “DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA”.
A BRUXA LIBRUXA da BIBLIOTECA e o EDLG propoñen que adiquemos ese día a ROSALÍA DE CASTRO, este ano cúmprense 175 anos do seu nacemento.
O libro de poemas “ CANTARES GALLEGOS” de ROSALÍA DE CASTRO é a primeira obra maestra da literatura galega contemporánea.
Elixe unha das poesías que seleccionamos:
- As de contar.
- Cantarte hei Galicia.
- Nosa Señora da Barca.
- Un repoludo gaiteiro.
- Campanas de Bastabales.
- Airiños,airiños aires.
Realiza unha ilustración que expoñeremos nun gran panel . ( Recorda poñer o teu nome e curso pola parte de atrás ).
Veremos a exposición escoitando as obras musicadas de Rosalía.
A BRUXA LIBRUXA
Ola: Son a bruxa Libruxa que veño a este colexio para encargarme da biblioteca e axudarvos a escoller as vosas lecturas. Envíovos unha fotografía para que me vaiades coñecendo. Máis adiante xa me poñerei en contacto con vós para contarvos as cousas interesantes que pasan na biblioteca. Espero que me veñades visitar axiña e me mandedes os vosos debuxos e suxerencias. Poñereime moi contenta. A bruxa Libruxa
|