Para finalizar este segundo trimestre visitounos a aula Laranxa do colexio Ntra. Sra. de Lourdes. Compartimos con eles unha sesión de educación física dedicada ao fútbol. O quecemento realizouno un alumno da aula Laranxa e despois xogaron dous partidos, donde todos os alumn@s se comportaron de xeito excepcional.
O mércores, 28 de marzo realizamos unha actividade de introdución ao xadrez para o alumnado de 3º , 4º , 5º e 6º de primaria. Foi dirixida polo monitor Jacobo Caselas que mediante xogos deu a coñecer esta modalidade deportiva.
O día 16 de decembro visitounos a clase verde do colexio Ntra. Sra. de Lourdes para compartir coa clase de sexto unha sesión de educación física, nela fixemos distintas actividades relacionadas co baloncesto. Na parte superior esquerda Mónica e Alba deixannos as súas impresións. Para ver máis fotos, preme aquí.
Esta mañá visitáronnos dous técnicos da Federación Galega de Béisbol para darnos a coñecer o seu deporte. Participamos as clases de 4º, 5º e 6º. Pasámolo xenial!