Ola familias :
Poñémonos en contacto con vós para fecervos unha serie de recomendacións para que traballedes na casa cós nenos/as durante este tempo
de suspensión da actividade lectiva nas escolas.
En Educación Infantil as aprendizaxes e a organización do tempo son globalizadas por iso pretendemos darvos unhas ideas xerais do que
podedes facer para que os peques continúen aprendendo e volten á escola motivados/as.
Actividades propostas:
- Colorear e pintar debuxos ou facelos de temática libre con distintas técnicas : ceras, lápices, rotuladores, pintura de dedos, acuarelas…
- Xogar a bonecas, coches, cociñas, construccións, puzles…
- Lerlles todos os días un conto.
- Escribir os números 1, 2, 3 e as letras vogais maiúsculas A, E, I, O, U. Repasar por puntiños con lápiz, poñer papeliños pegados na silueta
destes números e letras…
- Escribir o seu nome, repasar as letras do nome con pintura, facer carteis có nome…
- Facer un cadro con acuarelas…
- Podedes acceder ó xogo educativo Búho Boo, que inclúe xogos para aprender o manexo do rato do ordenador e tamén xogos tradicionais de
colorear...
- Cantar cancións, facer bailes. É importante non descoidar a música, cantar e bailar as cancións do Cantaxogos, Miliki, a familia Telerín...
- Na clase estabamos traballando as froitas e as verduras. Aproveitade para ensinarlles nomes de froitas e verduras, facer zumes, brochetas de
froitas para merendar, compotas e todo tipo de platos divertidos.
- Repasar os colores a través das froitas e verduras.
- A páxina online de contos infantís curtos ,¨Cosas de peques. Cuentos infantiles cortos¨, é moi recomendable, esperamos que vos guste.
- Que cada día pola mañán os nenos/as fagan algunha tarefa das propostas para conservar a rutina e ritmo de traballo.
Saúdos. Carmen.