Actividades e recursos recomendados para o tempo de confinamento na casa
Actividades recomendadas
Os teus profesores recomendan que durante estes días do COVID 19 , ademáis de axudar nas tarefas domésticas e aproveitar para recoller ben a túa habitación, SIGAS COA RUTINA DO TEU HORARIO DE CLASES.
En cada asignatura podes :
repasar nos libros , volver ler o que fixemos na clase, facer de novo as actividades das libretas, ler un bo libro ou ver unha boa película no tempo do Plan Lector, bailar unha coreografía na hora de Edu. Física ou pintar na hora de Plástica.
A partir do luns día 16/ 03/2020 haberá diferentes links para poder REPASAR os contidos das diferentes asignaturas. Poderás acceder a eles na marxen esquerda desta páxina web pinchando no teu curso.
EDUCACIÓN INFANTIL EDUCACIÓN PRIMARIA ESPECIALIDADES
RECURSOS EDUCATIVOS EN TELEVISIÓN
A partires do luns 23 de marzo de 2020, o alumnado de entre 6 e 16 anos poderá continuar coas clases con ‘Aprendemos en casa’. Trátase dunha programación especial de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en Clan TV e en La 2 de TVE.
O Ministerio de Educación y Formación Profesional en colaboración con Radio Televisión Española (RTVE) pon en marcha esta iniciativa para paliar parte das horas lectivas do alumnado e facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da asistencia aos colexios motivada polo estado de alarma para conter a propagación do coronavirus.
Tamén podes acceder online:
Aprendemos en casa de 6 a 8. Aprendemos en casa de 8 a 10. Aprendemos en casa de 10 a 12.
A segunda canle da TVG emitirá contidos educativos de luns a venres
A programación foi ideada en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e o seu obxectivo é facilitarlles aos estudantes un complemento aos contidos que están recibindo dos centros de ensino. Estes contidos emitiranse de luns a venres, de 11.00 a 13.00 horas.
Luns 23 |
Martes 24 |
Mércores 25 |
11:00 h - ERA UNHA VEZ O HOME: ERA UNHA VEZ O HOME 1 11:30 h - ERA UNHA VEZ OS EXPLORADORES 11:55 h - AQUELANDO TAMÉN QUEDO NA CASA 12:05 h - XEOCLIP 12:05 h - CRIATURAS |
10:55 h - ERA UNHA VEZ O HOME 11:25 h - ERA UNHA VEZ OS EXPLORADORES 11:50 h - AQUELANDO NA CASA 12:05 h - AQUELANDO 12:35 h - XEOCLIP: O modelado e as formas glaciares no Courel 12:40 h - XEOCLIP: Formación de acantilados. (Praia das Catedrais) 12:45 h - CRIATURAS |
11:00 h - ERA UNHA VEZ O HOME: ERA UNHA VEZ O HOME 3 11:30 h - ERA UNHA VEZ OS EXPLORADORES 12:00 h - AQUELANDO TAMÉN QUEDO NA CASA 12:10 h - XEOCLIP 12:20 h - CRIATURAS |
Se perdes algún capítulo pica nestes enlaces: ERA UNHA VEZ O HOME, ERA UNHA VEZ OS EXPLORADORES, AQUELANDO, XEOCLIP , CRIATURAS