CARAVANA DE EDUCACIÓN VÍAL DA FUNDACIÓN MAPFRE
Os cursos de terceiro e cuarto participamos nunha actividade de educación vial. Primeiro tivemos unha breve sesión teórica sobre conceptos básicos de circulación nos distintos roles(peón, condutor e viaxeiro). impartida por monitores especializados e coa colaboración da Policía Municipal. Posteriormente realizamos sesións prácticas nun circuito, onde se plantexan situacións reais, que o neno pode encontrarse na súa contorna máis cercana e propón como desenvolverse nela respetando as normas de seguridade e convivencia vial.