Skip to Content

Tareas

3/04/2020

 

Hola familias, hoxe comezamos as vacacións de Semana Santa, polo que esta nota é para:

-Se mirades a páxina principal da web do colexio, veredes que as notas d@s alumn@s xa están postas. Dende hoxe podedes velas coa aplicación “abalar móvil”. Na web do colexio hai unha explicación de como facelo.

As notas en papel entregarémolas tan pronto nos deixen incorporarnos ó cole.

-Non hai tarefas novas, creo que xa traballastes moito e sodes merecedores dun bo descanso, aínda que teñamos que seguir na casa, non o olvidedes NA CASA.

 

Felices vacacións, ánimo e moita forza familias, á volta voltamos a falar, a ver como segue a situación.

Espero que nos vexamos pronto, unha aperta grande para tod@s pero sobre todo para @s meus peques.

                                                  A vosa titora, Maite.

 

 

Anímovos a rematar a semana con esta canción.

video canción

 

2/04/2020

 

Bos días familias, hoxe é o día do libro infantil e xuvenil. No apartado “Biblioteca” da nosa web, podedes ler algún dos contos que se propoñen. Despois poden copiar o  título do conto, como facemos nós no plan lector e facer un debuxo ( como nos saia). Se o título ben con letras minúsculas, vós, mamás e papás, poñédello en MAIÚSCULAS, que é como o copiamos.

Tamén vos propoño colorear esta ficha coas letras de PRIMAVERA.

Coidádevos moito, seguimos resistindo, a vosa titora,

                                                                                           Maite.

AdxuntoTamaño
cartel-de-primavera-4.jpg60.68 KB


page | by Dr. Radut