Participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2022/2023

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

  • A solicitude será única para todos os fillos  que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. 
  • Dito formulario tamén se pode recoller e entregar, na Conserxería do centro.
  • O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o 19/05/2022 e rematará o 22/06/2022 (ambos incluídos).