tareas 8 de Xuño
Tareas 8 de xuño
Bos días familias, espero que sigades ben , encaramos xa o final do curso, un último trimestre tan atípico, que o recordaremos co paso do tempo, pero que grazas a vós conseguímolo.
Para empezar o noso traballo desta semana, un vídeo que nos ensina o valor de axudar aos demais dentro das nosas posibilidades, e que no momento no que nos atopamos cobra tanta importancia. Pequenos xestos que fan tanto.
Para traballar:
-1ª ficha; que @s propi@s nen@s conten que cousas fixeron na casa mentres non se podía saír á rúa, que se den conta que eles, aínda que son pequen@s poden facer moitas cousas e que ten moito valor.
-2ª ficha; coloreamos aos nenos que xogan xuntos.
-3ª ficha; pintamos, recortamos polas liñas e noutro folio formamos o puzzle. ( ficheiro adxunto).
Fichas de lóxica-matemática:
-1ª ficha; repasamos os números 6, primeiro co lápiz e despois co rotulador.
-2ª ficha; escribe no cadrado o número de dedos.
-3ª ficha; continuamos a serie coloreando segundo o modelo. (ficheiro adxunto).
Fichas de lectoescritura:
-1ª ficha; repasamos as vogais
-2ª ficha; escribimos en cada círculo a vogal que leva o nome do debuxo.(ficheiro adxunto)
Para rematar o traballo escoitamos unha canción.
Que teñades unha boa semana, semana na que que entramos na 3ª fase da desescalada, que sigamos tendo sentidiño para voltar con paso firme a nosa normalidade, e non teñamos que dar pasos para atrás.
Unha aperta moi grande para tod@s, a vosa titora,
Maite.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
axudámonos.jpg | 73.01 KB |
puzzle.jpg | 70.51 KB |
número 6.jpg | 45.16 KB |
números e dedos.jpg | 59.82 KB |
continua a serie.jpg | 53.87 KB |
vogais.jpg | 139.52 KB |
vogais2.pdf | 142.96 KB |