Axudas, convocatorias

Solicitude do servizo de comedor escolar para o curso 2012-2013

Para solicitar o servizo de comedor escolar para o curso 2012-2013, as familias interesadas poden recoller no centro a instancia de solicitude ou descargala desta web. O prazo de solicitude será do 8 ao 22 de xuño, ámbolos dous inclusive en horario de secretaría do centro.

Aquelas familias que soliciten o uso gratuíto do servizo de comedor ou a bonificación do 50% do prezo, deberán aportar a documentación precisa. Se nas instrucións que deberá publicar a Secretaría Xeral da Consellería houbera modificación nas condicións para a bonificación do prezo público no servizo de comedor, informarase aos interesados, quedando estes obrigados a cumprilas e/ou achegar a documentación complementaria que sexa necesaria.

Documentación que pode visualizar ou descargar:

Instacia de solicitude do servizo de comedor.

Circular informativa

Prezos públicos do servizo de comedor escolar. Información para o cálculo económico.

Instancia de solicitude para colaborar no servizo de comedor.

Axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2012-2013

Toda a información e documentación relativa ás axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2012-2013 está dispoñible na páxina web de Consellería de Educación.Para acceder pique aquí.

Ademais pode descargar directamentre os seguintes documentos:
-Circular informativa.
-Orde de convocatoria.
-Impreso de solicitude.

CONVOCATORIA DO CONCELLO DE SADA : AXUDAS ÁS FAMILIAS

O Concello de Sada ven de publicar a convocatoria para a concesión de axudas económicas ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados.
As axudas distribuirase na forma seguinte:
-Para estudos de educación infantil un máximo de 35 euros.
-Para os estudos de 3º e 4º de primaria, e os catro cursos da ESO, a contía de 40 euros para os gastos indicados na convocatoria, agás dos libros de texto xa que está en vigor o Programa de Gratuidade de Libros de Texto.
-Para estudos de 1º,2º,5º e 6º de educación primaria e programas de garantía social un máximo de 60 euros.
-Para aquelas familias en situación de RISGA ou PNC a axuda incrementarase en 30 euros cada unha.
Prazo. As solicitudes deberán presentarse no prazo ata o 6 de decembro de 2011 no Rexistro Xeral do Concello de Sada.
As bases da convocatoria, nas que se especifica a documentación que se deberá presentar, están dispoñibles no taboleiro de anuncios e na web do Concello. Se quere consultalas ou descargalas pique aquí.

 

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA 2019-2020

Convocatoria de axudas económicas ás familias para atender aos gastos do comezo do curso escolar da Concellería de Educación do Concello de Sada.

Enlace á web municipal onde se atopa a información da convocatoria 

 

As actividades extraescolares comezaron onte, lémbrase ás familias que aínda quedan prazas dispoñibles en algunhas delas.

Oferta de actividades extraescolares da Asociación de Nais e Pais para o curso 2019-2020 e boletín de inscrición:

Educación Infantil.

Educación Primaria.

ADMISIÓN DE COLABORADORES NO COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2011-2012

COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2011-2012.

As nais, os pais e os/as titores/a legais de alumnos deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2011-2012, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares  usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan en Dirección.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 30 de setembro de 2011, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 31 de decembro de 2011.
Durante o curso escolar 2011-2012 so se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
Sada, 1 de setembro de 2011

 

Impreso de solicitude.

 

Solicitude para bonificación ou gratuídade no servizo de comedor

Do 1 ao 20 de setembro de 2011, aquelas familias que soliciten o uso gratuíto do servizo de comedor ou a bonificación do 50% do prezo, deberán aportar a documentación precisa.
A partir do día 1 de setembro teñen a información e documentación necesaria na web do centro e na conserxería.
O 22 de setembro publicarase no taboleiro de anuncios e na web unha lista provisional. Os interesados disporán dun prazo de reclamacións de cinco días.
Sada a 31 de agosto de 2011.

 

Prezos públicos do servizo de comedor escolar. Información para o cálculo económico pique aquí.
Instacia de solicitude para bonificación ou gratuídade no servizo de comedor. Pique aquí.

Servizo de comedor escolar para o curso 2011-2012. Resolución do Consello Escolar.

Para visualizar ou descargar a Resolución de alumnos admitidos para o curso 2011 - 2012 no servizo de comedor escolar pique aquí.

Servizo de comedor para o curso 2011-2012

O prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso será do 15 ao 22 de xuño, ámbolos dous inclusive.
No mes de xuño solo se procederá a adxudicación das prazas de comedor, non se será preciso achegar documentación da renda familiar ata setembro.
Do 1 ao 20 de setembro de 2011, aquelas familias que soliciten o uso gratuíto do servizo de comedor ou a bonificación do 50% do prezo, deberán aportar a documentación precisa. A partir do día 1 de setembro terán a información e documentación necesaria na web do centro e na conserxería.
O prazo de entrega da solicitude e documentación acreditativa remata o mércores 22 de xuño.
O Consello Escolar do centro publicará, no taboleiro de anuncios e na web, unha lista provisional de admitidos para o servizo de comedor antes do 1 de xullo entre as solicitudes recibidas.
Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 15 a 22 de xuño.
A selección e admisión de usuarios do servizo de comedor, cando existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, correspóndelle ao consello escolar do centro. No taboleiro de anuncios e na web do centro exporase a listaxe provisoria de admitidos e de suplentes, respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:
-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.
-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.
-Alumnado membro de familias numerosas
-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.
-Outro alumnado do centro.

Documentos para visualizar e descargar:

-Circular informativa.
-Impreso de solicitude do servizo de comedor.
-Impreso de solicitude para colaborar no comedor.

Lista de libros de texto para o curso 2011-2012

Para visualizar e descargar a lista de libros de texto para o curso 2011 2012 pique aquí.

Axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2011 2012

Toda a información e documentación está dispoñible na páxina web de Consellería de Educación. Para acceder pique aquí.
Axudas para 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria:
-Circular informativa.
-Orde de convocatoria.
-Impreso de solicitude.
Axudas para 3º e 4ºde educación primaria:
Estas axudas solo son para os libros que cambian de idioma (matemáticas no caso do noso cengtro) debido ao Decreto do Plurilingüísmo. Os restantes libros recibiranos os alumnos ao inicio do curso porque segue en vigor o programa de gratuídade libros de texto neste ciclo de educación primaria.
-Circular informativa.
-Orde de convocatoria.
-Impreso de solicitude.
Distribuir contido