Servizo de comedor para o curso 2011-2012

O prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso será do 15 ao 22 de xuño, ámbolos dous inclusive.
No mes de xuño solo se procederá a adxudicación das prazas de comedor, non se será preciso achegar documentación da renda familiar ata setembro.
Do 1 ao 20 de setembro de 2011, aquelas familias que soliciten o uso gratuíto do servizo de comedor ou a bonificación do 50% do prezo, deberán aportar a documentación precisa. A partir do día 1 de setembro terán a información e documentación necesaria na web do centro e na conserxería.
O prazo de entrega da solicitude e documentación acreditativa remata o mércores 22 de xuño.
O Consello Escolar do centro publicará, no taboleiro de anuncios e na web, unha lista provisional de admitidos para o servizo de comedor antes do 1 de xullo entre as solicitudes recibidas.
Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 15 a 22 de xuño.
A selección e admisión de usuarios do servizo de comedor, cando existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, correspóndelle ao consello escolar do centro. No taboleiro de anuncios e na web do centro exporase a listaxe provisoria de admitidos e de suplentes, respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:
-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.
-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.
-Alumnado membro de familias numerosas
-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.
-Outro alumnado do centro.

Documentos para visualizar e descargar:

-Circular informativa.
-Impreso de solicitude do servizo de comedor.
-Impreso de solicitude para colaborar no comedor.