Axudas, convocatorias
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Mér, 03/11/2021 - 18:31O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todas as nais e pais a participar neste proceso electoral.
Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 2 representantes das nais e pais (un deles corresponde propoñelo á Asociación de nais e pais) e 3 do profesorado no Consello Escolar do centro.
A Xunta Electoral, reunida o 4 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:
DO 5 AO 12 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)
-Exposición dos censos electorais de nais e pais e do profesorado. Durante este período poderanse presentar reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na sala de profesores respectivamente.
Impreso para presentar relamacións ao censo.
-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 12 ás 14:00 horas.
Impreso para presentación de candidatura.
Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.
15 DE NOVEMBRO
Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a:
-Admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas e sobres.
-Publicación de candidaturas.
-Publicación definitiva do censo electoral.
-Sorteo público, na entrada do centro para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais.
23 DE NOVEMBRO
Votacións.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS 2021-2022. FORMULARIO PARA SOLICITUDE BANCO DE LIBROS DA ANPA
Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 09:27Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2021-2022.
Cumprindo co artigo 13 da Orde do 6 de maio de 2021, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.
A listaxe definitiva de admitidos/as mostra a relación de libros asignados por áreas.
BANCO DE LIBROS DA ANPA
Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º e 4º de Primaria, a través do seguinte formulario:
FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCICIÓN DE NAIS E PAIS.
A ANPA dispoñe de libros para todo o alumnado de 3º e 4º de EP, pero é preciso solicitalos no formulario. Só hai que mercar o Activity Book de Inglés.
*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria ao participar no proxecto E-Dixgal non empregará libros impresos. Só ten que mercar o Activity Book de Inglés.
Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por admin o Lun, 28/06/2021 - 08:26Están dispoñibles as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2021-2022.
Cumprindo co artigo 13 da Orde do 6 de maio de 2021,as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: 2 días desde a publicación das listaxes.
IMPORTANTE: Na Resolución provisional adxudícanse os libros existentes no centro, recollidos aos alumnos que recibiron axudas en cursos anteriores.
Aos alumnos e alumnas que aparecen sen libros, ou que non reciben o total que lles corresponden, procederase a adxudicarlles libros na Resolución definitiva. O número de exemplares que se adxudicarán dependerá da renda familiar.
Cando se publique a resolución definitiva, probablemente a finais desta semana, tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por admin o Mar, 15/06/2021 - 08:44O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria non mercará ningún libro de texto, salvo o de inglés, ata que o titor/a encargado/a de impartir docencia neste curso traslade ás familias no mes de setembro a listaxe de materiais a empregar.
5º e 6º de Educación Primaria. O centro forma parte do proxecto E-dixgal. Isto supón que o alumnado empregará libros dixitais e só mercará o material complementario de Inglés.
4º de Educación Primaria. As familias ás que non lles concedan o Fondo Libros non precisarán mercar ningún libro, excepto o complementario de Inglés. A ANPA dispoñe de libros suficientes para proporcionar ás familias que os soliciten.
Libros de texto e materiais curriculares para o curso 2021-2022.
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR, FONDO SOLIDARIO E BANCO DE LIBROS DA ANPA
Enviado por admin o Dom, 23/05/2021 - 12:23No DOG de 20 de maio de 2021 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.
No curso 2021/2022 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º e 4º de Primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.
O alumnado matriculado no curso 2021/22 en 5º e 6º de EP no noso centro, ao formar parte do Proxecto E-DIXGAL, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
A convocatoria tamén pode consultarse no taboleiro de anuncios do colexio e no portal da Consellería: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action
O prazo para a presentación das solicitudes remata o 22 de xuño de 2021, inclusive.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso a solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.
Para presentar a solicitude presencialmente no centro é preciso concertar cita previa (881880022 -- ceip.sada@edu.xunta.gal).
Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto do curso 2020 2021.
Banco de libros da Asociación de Nais e Pais. Para aquelas familias que non se lles concedan libros a través do Fondo solidario (por superar os límites de renda ou non o solicitaran) hai libros da ANPA nestes cursos que seguramente sexan suficientes. A ANPA comunicará más adiante como acollerse ao Banco de libros (para facelo é preciso ser socio/a).
REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO. LISTAXES DEFINITIVAS
Enviado por admin o Xov, 03/12/2020 - 10:40Mañá, venres 4 de decembro, publicaranse no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as para o reparto de máscaras entre o alumnado.
Todo o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar está admitido.
Unha vez publicados os beneficiarios/as, o centro procedeu á adquisición das máscaras. Cando estas cheguen ao centro, comunicarase o procedemento para o reparto das mesmas.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO: LISTAXES PROVISIONAIS
Enviado por admin o Sáb, 28/11/2020 - 15:41Rematado o prazo de presentación de solicitudes para ser beneficiario/a do reparto de máscaras entre o alumnado, publicáronse no día de hoxe, 30 de novembro, as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos. Cumprindo co recollido no artigo 11 da ORDE de 6 de novembro de 2020 que regula o procedemento, estas listaxes só estarán dispoñibles no taboleiro interior do centro.
Todo o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar está admitido directamente.
CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
Enviado por admin o Ven, 13/11/2020 - 14:40No DOG de hoxe, 13 de novembro de 2020, publicouse a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
1. Non ten que presentar solicitude
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
2. Ten que presentar solicitude
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno/a utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Este formulario e solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:
a) No centro docente.
b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal
Presentación de solicitudes: Con cita previa en horario de 09:55 a 10:35.
O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.
Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2018 entre o número de membros computables
A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA
Enviado por admin o Lun, 02/11/2020 - 15:14Convocatoria de axudas económicas ás familias para atender aos gastos do comezo do curso escolar da Concellería de Educación do Concello de Sada.
Enlace á web municipal onde se atopa a información da convocatoria
Actualización do prazo para a presentación de solicitudes. (11 de novembro 2020).
AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2020-2021
Enviado por admin o Dom, 13/09/2020 - 21:55O alumnado con necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capacidades intelectuais poderán ser beneficiarios de dita axuda.
Para acceder ao texto completo da convocatoria pinchar aquí.
As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección http://www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 30 de setembro.
Para máis información sobre o procedemento para a súa solicitude pinchar aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
