CONVOCATORIA DO CONCELLO DE SADA : AXUDAS ÁS FAMILIAS

O Concello de Sada ven de publicar a convocatoria para a concesión de axudas económicas ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados.
As axudas distribuirase na forma seguinte:
-Para estudos de educación infantil un máximo de 35 euros.
-Para os estudos de 3º e 4º de primaria, e os catro cursos da ESO, a contía de 40 euros para os gastos indicados na convocatoria, agás dos libros de texto xa que está en vigor o Programa de Gratuidade de Libros de Texto.
-Para estudos de 1º,2º,5º e 6º de educación primaria e programas de garantía social un máximo de 60 euros.
-Para aquelas familias en situación de RISGA ou PNC a axuda incrementarase en 30 euros cada unha.
Prazo. As solicitudes deberán presentarse no prazo ata o 6 de decembro de 2011 no Rexistro Xeral do Concello de Sada.
As bases da convocatoria, nas que se especifica a documentación que se deberá presentar, están dispoñibles no taboleiro de anuncios e na web do Concello. Se quere consultalas ou descargalas pique aquí.