Acitividades Ciencias 5º e 6º de Primaria

Ciencias para 5º e 6º curso de primaria

Proxecto social:    “Somos iguais”

ProxectoFomentar e favorecer a igualdade entre os sexos, tanto de trato coma de oportunidades, preparando o alumnado para a convivencia nunha sociedade libre, respectuosa e tolerante.

Facer un caderno persoal cada alumno.

O primeiro de todo faremos unha portada para o voso caderno persoal, con follas do arquivador (valen as que tedes para traballar ) poñendo na portada :

Proxecto en casa:
“Somos Iguais”
Nome do alumno/a:

Situación inicial: 

Situacións  de desigualdade entre sexos na sociedade actual en varios ámbitos.

*Lectura e visionado de artigos, anuncios, publicidade… sobre o tema a tratar. Pdf.
Posta en común entre todas.  https://www.youtube.com/watch?v=2d7K7nP-2Ro (igualdad de género)

*Contesta  as seguintes preguntas noutra folla  cuadriculada  que se incorporará no voso caderno persoal.

1.      Na casa, fan o mesmo traballo os homes e as mulleres?
2.      No mundo laboral, cres que os homes e as mulleres teñen os mesmos traballos?
3.      Cres que cobran o mesmo?

 
*Podedes facer fotos na casa facendo as tarefas da casa e logo as podedes mandar ao meu correo.

*Unha vez rematedes de contestar esas preguntas vemos a noticia que vos mando en pdf (fichas igualdade: ficha 1 e 2) podes imprimir as dúas fichas ou copiar as preguntas na folla de antes e logo completar as preguntas.  Se precisas máis follas enumera cada unha para seguir unha orde. (Recorda poñer as preguntas nun color e a resposta noutro (azul e negro por exemplo).

AdxuntoTamaño
Catálogos de xoguetes, artigos....pdf410.52 KB
Fichas igualdade, ficha 1, ficha 2..pdf334.35 KB