Propostas de traballo na casa para INFANTIL (4 anos)

Actividades para traballar a motricidade fina:

 

Rasgar, trocear papeis de xornal, pegar, facer boliñas,empregar as tesoiras e recortar tiras de papel.

 

 

Actividades de lóxica matemática: contar ata o número 6, cara diante e cara atrás, identificar os números 1,2,3,4,5,6 con seus respectivos elementos( 5 pinturas co número5, 3 pinzas co número 3, …), diferenciar os números ata o 6, realizar grafía dos números, tanto en apael coma en area, plastilina...identificar  que número vai antes, cal vai despois, cal queda no medio...

Realizar series, círculo, cadrado, triángulo(pódense debuxar e colorear.) Facer debuxos coas figuras xeométricas( casiña con un triángulo e un cadrado)

 

 Actividaes de lecto-escritura:

 

Coller ben o lapis, seguir puntiños, identificar vogais, (A, E, I , O , U), (a,e,i,o,u)identifacr e realizar o trazo da letra P,p traballar erecoñecer o nome propio e os dos compañeiros en minúscula, buscar a vogal ou consoante “p” proposta nunha palabra, identificar palabras longas e curtas, identificar o son da letras traballadas, por exemplo na data , no apelido, no nome , nos nomes dos compañeiros etc.

www.ciudad17.com

Nesta páxina web podedes atopar material para imprimir.

Actividades para traballar a comprensión e expresión oral

Escoita de contos, unha vez escoitado o conto , podemos facerlles preguntas aos nenos referidos a este , coma¿ que lle pasou?¿ onde sucedeu?...tamén pódese traballar técnicas de Gianni RODARI coma:

 

1.Binomio fantástico: hai que enlazar 2 palabras do conto, inventando unha historia con ellas.

2.¿Qué pasaría si? Planteamos interrogantes aos nenos sobre situacións inverosímiles.

 

3.series de palabras : damos unha serie de palabras aos nenos , no cal evoquemos un 

 

1. conto coñecido por eles , xunto a un que rompa a serie.

4. Ensalada de fábulas: consiste en inventar un conto, no que interveñan persoaxes distintos; exemplo caperuchiña vermella cos 3 porquiños.

 

Ademáis de estas propostas tamén podemos traballar dramatizacións dos personaxes, podemos inventar outro conto co personaxe principal, experimentar con modulaciones da voz para cada personaxe...

podemos facer un debuxo do conto, modelar os personaxes con plastilina...

 

Propostas de contos:

  1. OS TRES PORQUIÑOS.

2. 2. CAPERUCHIÑA VERMELLA.

3. COCORICO.

4. CHOCOLATA

5. SOPA DE NADA.

6. COMO MOLA TU ESCOBA.

7. ORELLAS DE BOLBORETA.

En YOUTUBE tedes os contos, en formato video.

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A EXPRESIÓN E AUDICIÓN AUDITIVA:

Na páxina web de mestres de audición e linguaxe https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/ tedes actividades online para realizar cos nenos de discriminación auditiva, atopar o intruso, recoñecer sons, e actividades para ampliar o vocabulario, ao mesmo tempo que traballlades a articulación de fonemas

ACTIVIDADES PLÁSTICAS: 

Ademais de traballar con plastilina, podedes realizar debuxos con acurelas, se dedes barro na casa modelar figuriñas.

Coas pinzas da roupa tamén se poden  realiar actividades, déixovos este enlace por se queredes facer algún.

https://www.pinterest.es/costatur/manualidades-pinzas/

ACTIVIDADES RÍTMICAS  E DE MOTRICIDADE GROSA: 

Realización de instrumentos musicais con material de refugallo., con botellas de plástico e lentellas podedes realizar unhas maracas, e propoñerlle aos nenos seguir coas maracas un ritmo dunha canción.

 

Realización de bailes na casa, podedes seguir bailes de zumba para nenos en youtube , e ademais podedes facer na casa circuitos nos que os nenos podan saltar, virar , correr, saltar cun pé , cos dous...

 

Propostas de Ellen.