Skip to Content

Blogs das clases, CPinnova, EDUsaúde

QUE LER?

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> EDUCASAÚDE BIBLIOGRAFÍA

Sabías que?

No cole estamos traballando con bibliografía baseada en reducir o consumo de azucres e alimentos ultra procesados, así que moi pronto anunciaremos novidades. Estade atentos.

Aquí temos algunhas recomendacións de libros cos que estamos a traballar, que por certo tamén estarán a vosa disposición na biblioteca do centro.

Non deixedes pasar a oportunidade de collelos en préstamo, porque sorprenden!

ESTACIÓNS DE EXERCICIOS EDUsaúde

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> EDUCASAÚDE ESTACIÓNS DE EXERCICIOS

Que son as estacións de exercicios?

Son 6 exercicios repartidos nos corredores de primaria e no patio de educación infantil. Son exercicios para TODOS/AS, beneficiosos para todos.

Son os chamados snacks de movemento, os cales reducen a ansiedade, nerviosismo e favorecen a atención.

Probade a facelos:

Busca o número 1 e continúa ata o 6, só levan 5 minutiños e a recompensa e marabillosa.

RETO: Poderás cumprir do 1-6 todos os días? Claro que podes!

ATENCIÓN: Lembra que os días de choiva tamén podes facer estes exercicios, dille ao teu mestre que os poña na pantalla.

E na casa? Claro que si, proba e cóntanos.

RECREOS MOVIDIÑOS

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> EDUCASAÚDE MATERIAL RECREOS

Ola a todos e todas!

No cole estamos a participar nun programa chamado EDUsaúde, e como ben di o seu nome consiste en favorecer a saúde de TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!

Todos queremos saúde e imos a traballar para que así sexa.

Comezamos nos recreos con material para cada curso, cintas de ximnasia, raquetas, frisbees, pelotas, cordas, gomas de saltar, etc.

Que queremos?

MOVERNOS! MÁIS, MÁIS E MÁIS.

Cada vez nos movemos menos, os rapaces fan actividades sedentarias e iso repercute no seu corpo e na mente.

Por iso para axudarlles a estar máis concentrados nas aulas estamos a levar a cabo actividades que xeren movemento, como é este material para os recreos, pero hai máis cousiñas, estade atentos/as.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut