ESTACIÓNS DE EXERCICIOS EDUsaúde
Que son as estacións de exercicios?
Son 6 exercicios repartidos nos corredores de primaria e no patio de educación infantil. Son exercicios para TODOS/AS, beneficiosos para todos.
Son os chamados snacks de movemento, os cales reducen a ansiedade, nerviosismo e favorecen a atención.
Probade a facelos:
Busca o número 1 e continúa ata o 6, só levan 5 minutiños e a recompensa e marabillosa.
RETO: Poderás cumprir do 1-6 todos os días? Claro que podes!
ATENCIÓN: Lembra que os días de choiva tamén podes facer estes exercicios, dille ao teu mestre que os poña na pantalla.
E na casa? Claro que si, proba e cóntanos.