Skip to Content

Por promoción, Prom. 2012, Prom. 2013, Prom. 2014, Prom. 2015, Prom. 2016, Prom. 2017, Prom. 2018, Prom. 2019, Prom. 2020

SAÍDA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Saída ao Aquarium Finisterrae 6º

A primeira saída que fixemos os/as nenos/as de 6º de Infantil neste curso, foi ao Aquarium Finisterrae. Alí puidemos ver moitos peixes de diversas cores, formas e tamaños. Baixamos á sala Nautilus onde habia unha gran cantidade de peixes e un tiburón chamado Gastón, que nos deixou abraiados/as polo seu gran tamaño. Tras repoñer forzas fomos ver as focas; eran moi graciosas e tivemos a gran sorte de ver como lles daban de comer os seus coidadores! Que día tan divertido pasamos!

Aquí vos deixamos unhas fotos do que foi esta saída.

XOGAMOS?

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Quen é quen 5º

Adiviña adiviñanza, quen será cada neno?

Hoxe fixemos a nosa primeira figura do noso esquema corporal, aínda quedan moitos máis neste curso, pero penso que foi un moi bo comezo Sorriso

Saberiades quen é quen?

A verdade é que se debuxaron moi moi ben.

O PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN INFANTIL

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Período de adaptación en 4º

O ingreso na escola supón para o neno e a nena un gran cambio. Sae dun mundo familiar (...) e introdúcese no ambiente escolar, onde o contemplan, dende outro punto de vista, como alumna ou alumno dentro dun grupo no que se ten que relacionar (...) con outras nenas, con outros nenos e con outras persoas adultas que, de momento, non son da súa confianza. 

Por iso, no noso colexio planificámolo con moito coidado para que ese gan cambio sexa o máis agradable posible para o alumnado. Porque, non esquezamos iso, eles e elas son o máis importante neste proceso e o seu benestar debe converterse na nosa prioridade. 

Mirade o ben que o pasan no cole de maiores! Risa

BENVIDOS RAPACES E RAPAZAS

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Benvidos a este novo curso de 5º

Un novo curso con moitos cambios por diante, pero dame a sensación de que vai a ser moi fructífero!

Guiño

Distribuir contido


by Dr. Radut