Skip to Content

SAÍDA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Saída ao Aquarium Finisterrae 6º

A primeira saída que fixemos os/as nenos/as de 6º de Infantil neste curso, foi ao Aquarium Finisterrae. Alí puidemos ver moitos peixes de diversas cores, formas e tamaños. Baixamos á sala Nautilus onde habia unha gran cantidade de peixes e un tiburón chamado Gastón, que nos deixou abraiados/as polo seu gran tamaño. Tras repoñer forzas fomos ver as focas; eran moi graciosas e tivemos a gran sorte de ver como lles daban de comer os seus coidadores! Que día tan divertido pasamos!

Aquí vos deixamos unhas fotos do que foi esta saída.



album | by Dr. Radut