Skip to Content

Prom. 2017

LETRAS GALEGAS EN 5 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> LETRAS GALEGAS 5 ANOS

Este ano o gañador das letras galegas foi: Francisco Fernández del Riego. E na clase traballamos moitas cousas da cultura galega e por suposto tamén co propio autor.

Felices letras a todos/as

Aquí tendes os nenos/as de 6º lendo un fragmento do conto O Cataventos.

 

PARABÉNS, CAROLINE!

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Parabéns Caroline

Hoxe estivo de aniversario Caroline que cumpriu 6 anos! Moitos parabéns "sweet Caroline"!

VISITAMOS O PARQUE DE EIRÍS!

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Visita ao Parque de eiris

Onte foi unha mañá chea de descubrimentos! Visitamos o parque de Eiris; alí esperábannos unhas monitoras para contarnos moitas cousas.

Vimos distintas árbores como oliveiras, moreiras; aprendimos moito sobre os paxaros e estivemos na lagoa que aí hai! 

 

SAÍDA A EIRÍS

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> OBRADOIRO E SAÍDA A EIRIS

Nesta semana fixemos unha saída moi completa. Viñeron do Concello a darnos unhas charlas sobre educación ambiental no parque de Eirís. Agora os nenos/as xa coñecen os parrulos, insectos e moitas árbores deste fermoso parque.

Non tendes excusa para ir o fin de semana porque levaredes uns guías estupendos. 

Guay

Distribuir contido


by Dr. Radut