Skip to Content

Prom. 2016

ANIVERSARIOS DE MAIO

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> Aniversarios de maio 5 anos

Maio, mes das Letras Galegas. Pero non só se celebran as letras senón tamén os números. Neste caso, o número 6, que son os anos que cumpren dúas compañeiras este mes.

CAPÍTULO 3 DO "TRAVELLING TALE"

Xa che contamos hai unhas semanas que estamos a crear un conto entre varios coles de Europa (máis info). A clase de 6º A de Infantil foi a encargada de comezalo e, despois de pasar por unha aula de Analya (Turquía) tocáballe ao CEIP Almanzor de Candeleda (Ávila). E xa a publicaron!

Agora, o conto viaxará a esta escola de Lituania.

ANIVERSARIOS DE ABRIL

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> Aniversarios de abril 5 anos

Fugit irreparabile tempus.

E chega abril e, como as flores, imos abrochando anos, 6 anos.

Parabéns! 

CAPÍTULO 2 DO "TRAVELLING TALE"

Xa che contamos hai unhas semanas que estamos a crear un conto entre varios coles de Europa (máis info). A clase de 6º A de Infantil foi a encargada de comezalo e estas dúas semanas unha aula de Analya (Turquía) tiña que continualo. E así o fixeron. Queres ver o resultado? Pois preme na foto de enriba.

Agora a seguinte clase en imaxinar o que pasará nesta interesantísima historia atópase no CEIP Almanzor de Candeleda (Ávila). Esperamos impacientes a súa parte!

Distribuir contido


by Dr. Radut