Copia do DNI/NIE/pasaporte das persoas proxenitoras.
Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (libro de familia/DNI/partida de nacemento).
No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.
A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados.
Logo de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicando no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
Prazos (de 9:30 a 13:30 horas)
1 ao 20 de marzo de 2024: presentación solicitude.
21 de marzo a 11 de abril: presentación documentación acreditativa en caso de baremar.
25 de abril: listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.