Skip to Content

GALLETAS DE SAMAÍN!

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Galletas de Samaín 6º

Aproveitando a chegada do Samaín, decidimos facer unhas galletas monstruosamente divertidas con forma de pantasma, de bruxa, de cabaza... Vimos na receita os ingredientes que precisábamos e puxémonos mans á obra.

Primeiro mesturamos a manteiga co azucre e a fariña para facer a masa; despois, eliximos o molde que máis nos gustaba para facer a galleta e ao forno!

Ao día seguinte, tocou a mellor parte, a degustación das nosas galletas. Estaban tan boas que non quedou ningunha! 



album | by Dr. Radut