Skip to Content

RETO FAIME RIR

BO NADAL!

 

Prezadas familias:

Nesta época tan especial, o claustro de profesores e profesoras do CEIP Raquel Camacho queremos expresar o noso máis sincero agradecemento por confiar en nós para a formación e educación dos seus fillos e fillas. A súa confianza impúlsanos a seguir medrando e mellorando. Agardamos que estas festas estean cheas de paz e alegría e que gocen de bos momentos xunto aos seus seres queridos.

Felices Festas e que o próximo ano estea repleto de éxitos, aprendizaxe e novas oportunidades para todas e todos!

Vémonos de novo o luns día 8 de xaneiro de 2024.

O APALPADOR

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> O APALPADOR

Dende o Courel chegou o Apalpador e nos trouxo castañas e noces. E aos nenos/as de infantil algún agasallo máis.

Pasámolo fenomenal, vémonos o próximo ano. Bo nadal

BELÉN DE CINE

Informamos que desde hoxe e ata o xoves, día 21 de decembro, en horario de 16 a 18 horas, as familias que o desexen poden vir ao colexio a ver o Belén Navideño feito polo alumnado con material de refugallo e coa temática central deste ano: “O cine”  O Belén está situado nas entradas do pavillón 1 e do pavillón 2.

Agardamos que lles guste.

Distribuir contido


by Dr. Radut