Skip to Content

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

Desde hoxe, día 21 de maio, e ata o día 21 de xuño (ambos inclusive) está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar (Orde do 7 de maio de 2024). Poderán atopar toda a información no portal da Xunta de Galicia (premer aquí) e na aplicación de Fondolibros (premer aquí).

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telématica e tamén poderán presentarse presencialmente na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas.

CAMPACOLES E CAMPAMENTOS SUMMER TALK 2024

Está publicada na páxina web do Concello toda a información referente aos campacoles e a Summer Talk, programas que ofertará a Federación Provincial de ANPA este verán. Poden acceder preme aquí.

AXUDAS AO ALUMNADO CON NEAE 2024-2025

Xa están convocadas as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) para o curso académico 2024-2025 do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Aquí só se vai explicar o procedemento dunha forma moi resumida, pero tes moita máis información na infografía explicativa da web do Ministerio (preme aquí).

Cando e onde se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación vai desde o 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024 no centro no que vaia a seguir os seus estudos no curso 2024-2025.

Que persoas poden solicitar esta axuda?

As axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Trastorno GRAVE de conduta.
  • Trastorno GRAVE da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista (TEA).
  • Altas capacidades.

Canto diñeiro podes recibir pola axuda?

De maneira moi esquemática, pódese explicar así:

  • Para o alumnado con discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe ou TEA, recibirás axudas directas ou subsidios se cumpres ou non os requisitos económicos. As axudas directas repártense en diferentes conceptos (reeducación pedagóxica, ata 913€; reeducación de linguaxe, ata 913€; etc.).
  • A axuda de apoio educativo a alumnado con altas capacidades é única e vai dirixida á asistencia a programas específicos sempre que estes programas sexan un complemento aos teus estudos (ata 913€).

Que tramites hai que facer para solicitala?

As solicitudes cóbrense de maneira telemática na sede electrónica do Ministerio (preme aquí para acceder).

Segue as instrucións que se ofrecen na infografía do Ministerio. A forma máis cómoda de facelo é desde o teu computador (desde un móbil resulta máis complicado).

E lembra…

Primeiro, a solicitude deberás entregala asinada en papel no colexio (o proceso non acaba cando a cobres por internet).

E, segundo, tes máis información sobre as axudas nos dous enlaces web de arriba e, se tes algunha dúbida, contacta co departamento de orientación chamando ao colexio ou mandando un correo electrónico a esta enderezo: 

orientacion.ceip.raquel.camacho@edu.xunta.gal

LETRAS GALEGAS 2024

Sabías que?

O CEIP Raquel Camacho gaña o concurso de exposición de carteis das Letras Galegas 2024.

Este ano homenaxeamos polo día das Letras Galegas a Luísa Villalta, unha escritora coruñesa, do barrio da Falperra.

Luísa Villalta amaba a nosa cidade, coñecía todos os seus recunchos, e a moitos deles dedicoulle poemas ou escritos.

Estudou no instituto Eusebio da Guarda e despois foi profesora de lingua e literatura galega en tres institutos.

Luísa Villalta escribiu moitos xéneros literarios como poesía, teatro, relato, ensaio e incluso artigos de opinión para a prensa.

Algo moi salientable desta autora foi o compromiso social que tivo coa Coruña, xa que era habitual a súa participación en manifestacións na cidade en contra da catástrofe do Prestige, en contra da guerra ou a prol do feminismo.

Luísa Villalta morreu moi xoven e descansa no cemiterio de Santo Amaro, xunto con outros persoeiros moi destacados como Luís Seoane, Manuel Murguía, Curros Enríquez, etc.

 

Se queres saber máis: MIRA OS NOSOS CARTEIS.

 

     

 

Distribuir contido


by Dr. Radut