Skip to Content

REVISTA ANUAL "VIVEIRO 2022-23"

Xa sabedes que o Viveiro é a revista anual do noso colexio. Os rapaces e rapazas levan un exemplar á casa en papel. Pero, esta versión dixital sempre agocha sorpresas e contidos interactivos. Descubrídeos!

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24

Ata o día 21 de xuño de 2023 (inclusive) está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar (de acordo coa ORDE do 10 de maio de 2023).

Poderás atopar toda a información:

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telématica e tamén poderán presentarse presencialmente na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas.

CÓXEGAS XUÑO 2023

Entramos na recta final do curso e queremos lembrarvos que a data de finalización das actividades extraescolares DEPORTE NO CENTRO, ARTE E CULTURA NO CENTRO e ENGLISH LAB será o vindeiro 31 de maio.

Por outra banda, voltamos a ofertar unha vez mais o noso programa de conciliación CÓXEGAS que se desenvolverá no mes de xuño dende o xoves día 1 ate o mércores 21, de luns a venres, en horario de 16 a 17 ou de 16 a 18h, segundo demanda.

 

 

DESTINATARIOS DO PROGRAMA. Escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña.

A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tramos de idade:

Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)

Educación Primaria (de 1º a 6º curso).

 

RATIO. Mínimo 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20, desdoblarase o grupo.

 

HORARIO. De luns a venres, das 16:00 as 18:00 h.

O horario de asistencia neste programa será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.

Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00.h aínda que sí se podería sair a dita hora sempre e cando o participante teña marcada a opción de 16 a 17h. na inscrición.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN: Desde 22 ao 24 de maio en https://app.fedapascoruna.org/inscripcionCoxegasJunio2023

 

 

CUSTO DO PROGRAMA: 15 €/participante (ademáis de 4€ en concepto de seguro de accidentes para os escolares que non fosen participantes de algunha das actividades xestionadas pola Federación ao longo do curso)

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2023

Levamos unhas semanas descubrindo ao autor ao que se lle dedican as Letras Galegas neste ano. E desde o EDLG animamos ao alumnado a que visionase os carteis-xogo onde podían coñecer máis sobre a vida de Francisco Fernández del Riego. Só tiñan que resolver os xogos e cubrir os seus datos para poder participar no sorteo dunha chea de premios. E así o fixeron masivamente. Pero, claro, só podía haber un fato de premiados e premiadas.

 

Ademais disto, o alumnado de 6º de EP preparou a representación dun conto (O cataventos) de M. Victoria Moreno para ir contarllelo ás aulas de EI e do 1º ciclo. Lembrando así o que fixeramos no colexio hai 5 anos por estas datas. Mira que preparadas e preparados ían.

 

Grupos de nenas e nenos dos máis maiores do cole acudiron ás clases das pequeniñas e pequeniños para exercer de contacontos. Cracks da representación!

E, claro, a rapazada máis noviña da escola estaba encantada vendo a don Pío.

Distribuir contido


by Dr. Radut