Skip to Content

Complementarias e extraescolares

Xornada de convivencia interxeracional do alumnado de 1ºA e as persoas maiores usuarias do Centro de Día municipal

O xoves, 20 de decembro, o alumnado de 1ºA de E.Primaria, a súa titora, a súa mestra de Relixión e a coidadora do colexio visitaron o Centro de Día municipal durante a mañá. Alí, levaron a cabo unha xornada de convivencia interxeracional entre os nenos e nenas de 6 anos, os/as maiores usuarios/as de dito centro, as mestras, a coidadora do colexio e as traballadoras de dito centro. 

Durante a xornada, fixeron grupos e foron realizando diversas actividades de forma conxunta.

O alumnado de 6º de E.Infantil visitou a "Living Dinosaurs" en Pontevedra

O alumnado de 6º nivel de E.Infantil leva traballando sobre os dinosauros dende principio de curso. Por esta razón, as súas titoras decidiron levalos/as a visitar unha  exposición á praza de touros de Pontevedra, desta extinguida especie animal, para completar a súa formación académica o venres, 30 de novembro. Alí, quedaron marabillados/as co que viron na denominada "Living Dinosaurs" e regresaron encantados/as, ao final da xornada lectiva, ao centro.

Xornada de "Toma de contacto co Campo a través" no Estadio municipal de San Lázaro (Noia) o venres, 23 de novembro.

O venres, 23 de novembro, arredor de 80 corredores/as  de 7 a 12 anos  (2º a 6º de E.P) e 6 profesores/as, entre os que se atopaban o/a de E.Física, sairon a iso das 10:20h do centro con destino ao Estadio municipal de San Lázaro (Noia), onde tería lugar a toma de contacto coa competición da modalidade de Deporte en Idade escolar de Campo a Través.   

Unha vez alí, leváronse a cabo as carreiras de cada categoría, das 11 ás 12:45h aproximadamente. Os nosos nenos e nenas lograron varios metais e o equipo Alevín masculino acadou o primeiro posto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

                                       Noraboa a todos/as polo voso esforzo !!!

 

 

 

 

 

Semana do trompo, do 12 ao 16 de novembro, no noso centro.

Na semana do 12 ao 16 de novembro celebramos a Semana dos trompos, como vimos facendo dende hai xa uns cantos anos por aquelo de :"Polo San Martiño trompos ao camiño".

Deste xeito, tanto nos recreos da mañá coma no de despois de xantar e nas sesións de E.Física trátase de: motivar, ensinar e axudar a nenos e nenas para que fagan bailar o maior número posible de trompos.

De todos modos, dende a área de E. Física procúrase traballar cos trompos e bailaretes ou trompos sen cordel todo o mes e incluso noutros momentos do curso coma nas xornadas de xogos populares, etc. Aínda que, evidentemente, os rapaces e rapazas poden facelos bailar sempre e cando lles apeteza sexa a época do ano que sexa.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Semana do trompo, do 12 ao 16 de novembro, no noso centro.

Na semana do 12 ao 16 de novembro celebramos a Semana dos trompos, como vimos facendo dende hai xa uns cantos anos por aquelo de :"Polo San Martiño trompos ao camiño".

Deste xeito, tanto nos recreos da mañá coma no de despois de xantar e nas sesións de E.Física trátase de: motivar, ensinar e axudar a nenos e nenas para que fagan bailar o maior número posible de trompos.

De todos modos, dende a área de E. Física procúrase traballar cos trompos e bailaretes ou trompos sen cordel todo o mes e incluso noutros momentos do curso coma nas xornadas de xogos populares, etc. Aínda que, evidentemente, os rapaces e rapazas poden facelos bailar sempre e cando lles apeteza sexa a época do ano que sexa.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Magosto o martes, 13 de novembro, pola tarde.

O martes, 13 de novembro, pola tarde celebramos o Magosto no noso cole. A elección da data foi consecuencia de ser próxima ao San Martiño e das condicións metereolóxicas.

Durante a xornada levaronse a cabo diversos xogos, tanto populares: tiro da corda, pano, trompo, etc coma con materiais alternativos: chanclas, paracaídas, relevo de castañas en culleres, aros musicais, comecastañas... Polo tanto, houbo varias estacións de xogo, supervisadas por distintos profesores/as do centro e os/as nenos/as ían pasando dunhas a outras e xogando nelas, segundo mellor lles parecía. Logo, a iso das 16:20h, degustáronse as deliciosas e tradicionais castañas asadas, acompañadas de zumes e/ou augas para quen os/as quixo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita do 2º nivel de E.P ao Centro Ocupacional de Valadares o, martes, 13 de novembro.

O martes, 13 de novembro, pola mañá o alumnado de 2º de E.P, o seu titor e unha profesora do centro visitaron o Centro Ocupacional de Valadares. Saíron do cole sobre as 10:30h e unha vez alí, elaboraron obxectos de mimbre e barro coa axuda de monitores/as e usuarios/as de dito centro. Deste xeito, os nosos/as alumnos/as e profesor/a tiveron unha toma de contacto coa cestaría e a olaría.

A xornada transcorreu de forma correcta e a iso das 13:15h retornaron ao centro encantados/as cos obxectos de mimbre, previamente elaborados.

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Samaín o mércores, 31 de outubro, no noso colexio.

A principios de semana, os nenos e nenas foron levando ao centro as cabazas, que previamente adornaran nos seus fogares coa axuda de distintos familiares.

Logo, o mércores, 31 de outubro, día propio do Samaín, alumnado e profesorado foron percorrendo os corredores dos dous andares do edificio principal, por quendas, para ver a exposición de cabazas.

Xa pola tarde, a iso das 16:30h, cada aula saiu ao patio cuberto con titores/as e/ou especialistas e alí  o profe Adrián foi nomeando aos alumnos e alumnas, que recibirían un diploma como gañadores das mellores cabazas: terroríficas, ecolóxicas e de máis cor, en cada un dos antigos ciclos. Tamén  houbo agasallo, cadanseu libro  para  os/as premiados/as no concurso de contos de medo promovido dende a biblioteca do centro. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

                                                      Noraboa a todos/as os/as premiados/as!!!

 

 

Xornada de convivencia e de recoñecemento da contorna do 4º nivel de E.Primaria

 O alumnado do 4º nivel de E.Primaria, a titora de 4ºA e a profesora de E.Física, de ambalas dúas aulas, realizaron unha andaina, desde o cole á Ponte do Ruso e dalí, pola marxe dereita do Tines, ata unha pequena praia fluvial na contorna do Monte Golfo.

Unha vez no citado lugar, recuperaron as enerxías perdidas para un pouco máis tarde emprender o percorrido de regreso ao centro, aínda que contaría con algunha nova parada. Así, ao chegaren ao parque do Areal sentaron un anaco para merendar e despois conversar e xogar. Logo, partiron cara á Horta do Muiño, de camiño ao cole, onde recolleron algunhas castañas. Pouco despois,  sairon dalí e nuns minutos chegaron ao centro. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna, cunha andaina, de 1º e 2º de E.Primaria.

Os alumnos/as de 1º e 2º niveis de E.Primaria, o/as titores/as e a profesora de E.Física tiveron unha xornada de convivencia e recoñecemento da contorna, cunha andaina desde o centro á Ponte do Ruso e algo máis tarde ao Monte Golfo. Unha vez alí, recuperaron enerxías na pequena praia fluvial que hai, para logo regresar ao centro. Aínda que, no traxecto de retorno, realizaron varias paradas máis, e a primeira foi na Área recreativa do Areal. Alí foi onde realizaron a parada máis grande e aproveitaron para merendar, brincar e conversar. Logo, continuaron ata o parque biosaudable e dalí partiron para o souto da Horta do Muiño, no que recolleron bastantes castañas. Finalmente, dirixíronse ao centro.

A xornada transcorreu sen incidencias e, tanto o alumnado coma o profesorado, gozaron da xornada e dos lugares visitados.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut