Skip to Content

Complementarias e extraescolares

Fase Comarcal de Campo a Través, Campamento Virxe do Loreto (Porto do Son), 10-1-20

O venres, 10 de xaneiro, a iso das 10:15h uns/has 80 corredores/as e varios/as mestres/as saimos do centro cara o Campamento Virxe do Loreto en Porto do Son.

Unha vez alí, foron realizándose as carreiras das diferentes categorías e todo transcorreu sen incidencias para nós deica chegar á categoría infantil. Foi neste intre cando se produciron varias lesións (afortunadamente non demasiado importantes) e tamén unha crise respiratoria (que se subsanaría tempo máis tarde coa medicación pertinente).

Algo despois, regresamos ao centro cun primeiro posto na categoría Benxamín Masculina e un segundo na Alevín Masculina, polo que ambos equipos se clasificaron para a Fase Intercomarcal en Noia o vindeiro venres, 17 de xaneiro. Pero, ademais tamén se clasificaron a nivel individual dúas nenas (Carla G. e Sabela F.) e un neno (Manel C.) das categorías Benxamín Feminina, Infantil Feminina e Infantil Masculina respectivamente. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Queremos dar as grazas ás persoas que nos acompañaron e apoiaron e, como non, desexámoslle aos/ás lesionados/as, que se recuperen  canto antes.

PARABËNS  a todos/as os/as corredores/as polo esforzo realizado !!!. 

MOITA SORTE para a Fase Intercomarcal !!!.

 

Xornada de recoñecemento do Tambre ao seu paso por Ponte Maceira (Negreira)

O luns, 9 de decembro, pola mañá o alumnado de 6º nivel de E.P e o/a titor/a, de cada un dos dous grupos, estiveron acompañados/as dunha técnica do Concello de Negreira, namentras levaron a cabo unha xornada de recoñecemento do Tambre ao seu paso por Ponte Maceira. Alí, realizaron distintas probas coma por exemplo comprobar a velocidade que levaba a auga do río, a súa profundidade, o seu PH, etc. Ademais, recibiron tamén información sobre a localidade na que se atopaban, especialmente da súa emblemática ponte, do pazo ...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xogando cos trompos

"Polo San Martiño trompos ao camiño e polo San Andrés trompos outra vez", isto é o que di o refraneiro popular e nós levamos xa moitos cursos facéndolle caso, aínda que este ano debido ás condicións metereolóxicas tivémolo bastante complicado... Pero, o ánimo non decaeu e á menor oportunidade había trompos bailando nos patios.

Porén, este curso a cousa non quedou aí, senón que por medio da Concellalía de Deportes e Educación do noso Concello tivemos a sorte de contar coa colaboración de Daniel Pino e José Manuel Barreiro en representación da Asociación Brinquedia e tamén cun torneiro, que nos abraiou a pequenos e adultos, coa pasmosa facilidade coa que facía trompos en ben poucos minutos... Deste xeito, na mañá do xoves (5 de decembro) levamos a cabo unha xornada de convivencia, na Horta do Muiño, con familiares e veciños/as do noso alumnado á vez que se facían bailar os trompos e/ou se observaba como se construían... celebrando así o noso particular Día do Trompo.

Moitas grazas a todos eles/as por facer posible a actividade !!!.

 

 

  

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Toma de contacto co Campo a través o 3 de decembro en Noia

O martes, 3 de decembro, tivo lugar a xornada de toma de contacto coa actividade deportiva de Campo a través. Foron arredor de 1.200 os/as corredores/as de clubs e centros educativos da nosa contorna.

Afortunadamente, a xornada de competicións da categoría benxamín á cadete (feminina e masculina) transcorreu sen incidencias.

Do noso centro participaron 73 corredores/as, aínda que nun primeiro momento había algúns/has máis inscritos/as, pero por diversas razón non puideron participar nesta ocasión.

En canto aos resultados acadados, dicir que houbo dous equipos que quedaron campións, outro que quedou terceiro, logo un cuarto e tamén dous sextos postos... Polo que, non estiveron nada mal, pois non debemos esquecer que competimos con clubs soados na especialidade e con outros centros educativos, que coma nós lle poñen moitas ganas e ilusión.

Queremos agradecer o apoio de familiares e amizades de diferentes nenos e nenas, que acodiron ao Estadio Julio Mato "Matito" en San Lázaro (Noia) para darnos o seu apoio.

Parabéns para os cinco nenos e a nena que acadaron metais e para o resto polo seu esforzo, aínda que non lograsen o desexado meta !!!.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sesións de diversas Técnicas de Soporte Vital Básico.

Ao longo deste curso, contamos levar a cabo diversas actividades relacionadas con diferentes Técnicas de Soporte Vital Básico. Estas actividades impúlsanse dende a área de E Física, por contaren con contidos tan afíns a dita área, grazas á colaboración altruista de Alejandro Liñán (bombeiro do parque de Boiro, membro de Protección Civil de Outes e instrutor e formador deste tipo de contidos). 

Por este motivo, nun primeiro momento, realizáronse seis sesións teórico-prácticas co alumnado de 4º, 5º e 6º de EP (unha por grupo) e a especialista de E Física. Nesas sesións, tralas nocións teóricas, fixéronse prácticas de RCP (reanimación cardiopulmonar) cos bonecos homologados, que trouxo Álex para tal fin.Tamén se practicou a posición lateral de seguridade, coa que evitar que a persoa inconsciente asfixie ou trague o propio vómito en caso de que se produza.

Días máis tarde, foi o profesorado quen atendeu ás explicación de Álex e logo practicou o aprendido, para comprobar se se asimilaran ben os conceptos. Por suposto, nesta ocasión, o instrutor profundizou máis e ampliou tamén os contidos impartidos.

Xa na penúltima semana deste primeiro trimestre, foron os/as alumnos/as de 1º e 3º niveis de E. Primaria (o venres 13 pola tarde) os/as que recibiron unhas nocións da mesma índole, aínda que de xeito máis superficial, dada a idade e realizando a fase práctica nos seus propios peluches, bonecos/as. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao regreso das vacacións de Nadal foi o alumnado de 2º A e B de EP o que recibiu unhas nocións teórico-prácticas sobre Primeiros auxilios. Unha vez máis, impartidas por Alejandro Liñán, quen nesta ocasión na sesión de 2ºA (27 de xaneiro) contou coa colaboración de Lita (voluntaria tamén de Protección civil de Outes), aínda que nasesión de 2ºB non puido participar por razóns laborais. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornadas interxeracionais no Centro de Día municipal

No presente curso, dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Acividades Complementarias e Extraescolares falamos co claustro para ver se había compañeiros/as interesados/as en levar a cabo actividades de diversa índole co alumnado e os/as usuarios/as do Centro de Día.

Logo, falamos coa directora e tamén coa traballadora social do Centro de Día para ver cal sería o horario máis axeitado e acordar as datas nas que realizar as xornadas interxeracionais entre alumnado, profesorado, usuarios/as e persoal laboral do Centro de Día.

Así, o luns (2 de decembro) levouse a cabo a primeira das xornadas co alumnado e a titora de 5ºB de EP e o mércores (4 de decembro) co grupo A do mesmo nivel e etapa educativa. Mantiveron agradables conversas, escoitaron experiencias laborais dalgúns/has dos/as usuarios/as (comprobando como algúns/has traballaran noutros paises: EE:UU, Reino Unido, Suiza, por exemplo) e tamén levaron a cabo xogos de mesa coma o dominó e as cartas... Pero, o fundamental a destacar foi a ledicia duns/has e outros/as ao compartir cada xornada.

Uns días máis tarde, sería o alumnado de 3º e 4º de EP e os seus titor/as  quen visitarían aos/ás usuarios/as do Centro de Día para representarlles unhas pezas teatrais, trala súa participación no obradoiro ofertado polo  titulado "Creación cultural arredor da nosa fauna" e finalmente degustaren xuntos uns zumes e galletas.

Logo, o mércores (18 de decembro) tivo lugar outra xornada de convivencia interxeracional entre os/as maiores e o alumnado de 5º de EI coas súas titoras. 

Ao día seguinte (19 de decembro), tocoulles aos nenos e nenas de 6ºA de EP co profesor de Música e a profesora de EF. Unha vez alí, tocaron unha muiñeira, o profe de Música coa gaita, acompañado dunha alumna co tambor e doutra coa pandeireta, mentras o resto do alumnado bailaba dita muiñeira para deleite dos/as presentes. Despois, mestre/a e alumnos/as cantaron unhas panxoliñas acompañados/as por algunhas das persoas do Centro e para rematar realizaron tres estacións de xogos de precisión e coordinación: bólos, diana e aros en picas. 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xa ao regreso das vacacións de Nadal, o 14 de febreiro (martes) o alumnado de 6º B, o profesor de E Musical e a profesora de E F realizaromos outra visita ao Centro de Día para levar a cabo unha nova xornada de convivencia interxeracional.

Nesta ocasión, os nenos e nenas tamén bailaron unha muiñeira e varias alumnas tocaron as pandeiretas e cantaron varios temas do repertorio tradicional galego. Ademais, un dos nenos tocou o tambor.

Logo, das actuacións musicais, chegarían as actividades máis relacionadas coa EF. Deste xeito, algúns dos alumnos e alumnas levaron á práctica tres estacións de xogo: bólos, aros e diana con varios/as dos/as usuarios/as do Centro. Evidentemente, non todos/as puideron participardebido ao seu estado de sáude físico e/ou psíquico, aínda que varias persoas fixérono de maneira moi activadeixando marabillado ao alumnado pola súa precisión,  habilidades e destrezas...

Estivemos no Centro de Día unha hora e despois regresamos ao colexio encantados/as de compartir un anaquiño da mañá con aquelas persoas e, sobre todo, de lograr un sorriso nas súas facianas... 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acto de repulsa contra a violencia de xénero, 25 de novembro.

Na mañá do 25 de novembro o alumnado e profesorado do centro levamos a cabo un acto de repulsa en contra da violencia de xénero no patio cuberto. Así, varios alumnos/as do 6º nivel de E Primaria leron un manifesto sobre tal conmemoración e, a continuación cantouse a canción " La puerta violeta", traballada previamente nas clases de Música. Pero ademais, tamén se abordou o tema noutras áreas e con diversas actividades.

 

 

 

 

 

Tarde de Magosto nos patios do colexio

Hoxe, 13 de novembro, grazas á tregua que nos deu o tempo, puidemos celebrar o Magosto.

Así, nenos/as, profesores/as, e a coidadora realizamos diversas tarefas e xogos, tanto tradicionais, coma outros con material alternativo, namentras Álex (o noso conserxe) e Emilio (o noso xefe de estudos) asaban as castañas.

Deste xeito, leváronse á práctica xogos con paracaídas, con chanclas, aínda que tamén se xogou ao brilé, ao pano, ao pasemisí-pasemisá, á corda e, como non podía ser doutro xeito, tamén se fixeron bailar os trompos... Non esquezamos o refrán "Polo San Martiño, trompos ao camiño"...

Por suposto, contamos con música tradicional... Pero, en vivo e en directo..., pois Insua (o profe de música), un grupo de amigos e varios/as alumnos/as do cole tocaron diversas pezas do folklore tradicional galego. MOITAS GRAZAS A TODOS/AS !!!.

Logo, a iso das 16:15h, degustáronse as saborosas castañas, acompañadas de zumes para seguir brincando deica ás 16:50h aproximadamente, que se subiu ás aulas para coller as mochilas e cazadoras para regresar aos fogares.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Samaín o mércores, 30 de outubro.

O mércores, 30 de outubro (por coincidir o propio día, 31 de outubro, co Día do Ensino) celebramos o Samaín no centro. 

Durante os días previos, nenos e nenas coa axuda dalgún familiar ou amizade, na maioría dos casos, baleiraron e adornaron cabazas de diversos tamaños, cores e variedades. Logo, o luns e o martes (28 e 29 respectivamente) foron levándoas para o cole. Pois, un ano máis, ía realizarse unha exposición con elas. Ademais, ambientáronse os corredores con murais e cadros, elaborados en diferentes aulas e, por suposto, tamén houbo candeas e telarañas contribuindo á ambientación.  

Xa no propio día da celebración, os corredores estiveron alumeados pola luz das candeas das cabazas e os/as rapaces/zas do centro, así coma os/as mestres/as visitaron a exposición, por quendas, á vez que se admiraban os xa citados: murais, cadros, cabazas de cartolina, etc, que adornaban as paredes dos corredores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Día das bibliotecas, na biblioteca municipal, co alumnado de 5º e 6º de EP o 24 de outubro.

O xoves, 24 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de EP visitou a biblioteca municipal, acompañado de varios/as mestres/as. Alí participaron, de forma activa, nunha actividade para conmemorar o Día das bibliotecas durante unha hora, aproximadamente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut