Skip to Content

Complementarias e extraescolares

Xornada de convivencia e xogos populares de 1º e 2º de E.Primaria no C.P.I Cernadas de Castro (Lousame) o 3 de abril

O mércores, 3 de abril, o alumnado e parte do profesorado de 1º e 2º niveis de E.Primaria do noso centro levaron a cabo unha xornada de convivencia e xogos populares no C.P.I Cernadas de Castro de Lousame co alumnado e profesorado do centro anfitreón, así coma cos/coas dos C.E.I.P Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso e C.E.I.P Felipe de Castro de Noia.

Ao longo da mañá realizaron diferentes xogos e relacionáronse entre eles/as ... para remataren a xornada merendando e conversando antes de retornaren aos diferentes centros. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita de 3º e 4º de E.Primaria ao Aquarium Finisterrae e o Domus na Coruña.

O luns, 11 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de E.Primaria e o/as seu/súas titor/as visitaron o Aquarium Finisterrae e a Domus ao longo do día.

No Aquarium Finisterrae coñeceron unha estraña medusa, que lembraba un ovo frito.Tratábase dunha COTYLORMIZA TUBERCULATA.

Ademais, faláronlles dos graves problemas que ocasiona o plástico en mares e océanos.

Tamén coñeceron as trece focas do acuario, entre as que se atopaban Bine e Hansi (femia e macho, respectivamente de máis idade).

Outro tema do que os/as informaron foi de como lles afectan os temporais e de como nos peores días as ondas chegan deica a cafetería, polo que tiveron que levar a cabo unha serie de reformas.

Coñeceron plantas adaptadas a convivir co salitre coma o fiuncho de mar (planta comestible).

Entraron na Sala Nautilus e recibiunos/as o intimidante Gastón (tiburón do acuario).

No exterior do recinto viron a áncora do "Mar Egeo" e contáronlles a súa triste historia.

Logo, visitarían o Domus (museo interactivo) e dado que o día era solleiro decidiron facer o percorrido camiñando. Deste xeito, aproveitaron para deleitarse coas marabillosas vistas da baía da Coruña.

Xa no Domus, dirixíronse a un espazo que alí hai para xantar e/ou merendar, que conta cunhas vistas espectaculares e repuxeron enerxías.

Logo, ao remataren, dividíronos en grupos e foron experimentando cada unha das probas que lles propuxeron e, por certo, lles resultaron moi interesantes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Entroido no noso cole

O venres, 1 de marzo, celebramos O Entroido no cole, aínda que xa un días antes se foran adornando aulas, corredores... e nos foramos metendo na propia festa cos mandados do Meco. Así, viñemos ao centro con algo na cabeza, no colo, nos pes e nas mans, do luns 25 ao xoves 28 de febreiro para rematar a semana disfrazados/as  e saír a percorrer as principais rúas da vila da Serra. Logo, unha vez de volta no cole, degustáronse as tradicionais e saborosas orellas e bebéronse zumes ao son de música variada. Pero, ademais un grupo de nenas de 6º nivel de E.P deleitáronnos cuns marabillosos bailes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornadas de toma de contacto coa técnica de R.C.P co alumnado de 4º a 6º de E.Primaria

No centro leváronse a cabo seis xornadas de toma de contacto coa técnica de R.C.P (reanimación cardiopulmonar), desde mediados do primeiro trimestre a mediados do segundo.

As xornadas teórico-prácticas impartiunas, Álex Liñayo (bombeiro e membro de Protección civli), de forma altruista. Deste xeito, os/as nenos e nenas de 4º a 6º niveis de E.Primaria recibiron unha serie de nocións teóricas, que foron combinando coa práctica da xa mencionada técnica de R.C.P. As sesións tiveron lugar no cuarto de audiovisuais en horas de E.F, por ser desta área de onde partiu a idea e ser coa que máis relación ten dita temática.

Hai que dicir que o alumnado manifestou interese no tema e participou de forma activa en cada unha das sesións.

Moitas grazas, Álex, por adicarnos parte do teu tempo de lecer e compartir con nós algúns dos teus coñecementos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase Provincial de Campo a través para centros escolares. Noia, 22 de febreiro.

O venres, 22 de febreiro, doce nenos das categorías Benxamín e Alevín masculinas e unha nena da categoría Alevín feminina representaron ao centro, nada menos que, na Fase provincial do Campionato escolar de centros de Campo a través, tras clasificarse por equipos e a nivel individual respectivamente na Fase intercomarcal, onde tamén participaran clubs. A xornada de competición tivo lugar no Estadio Municipal "Julio Mato" de San Lázaro (Noia) durante a mañá do xa citado día.   

As carreiras das diferentes categorías transcorriron sen incidencias de interese  de maneira satisfactoria para o noso centro, posto que o equipo benxamín masculino estivo ben preto de lograr o bronce, o alevín fíxose co ouro provincial e dentro deste equipo un dos corredores logrou o bronce individual  e a nena obtivo un exitoso séptimo posto individual. Polo tanto, se houbese Fase autonómica para centros, tanto o equipo alevín masculino coma a nena da mesma categoría pasarían e competirían cos/coas mellores corredores/as de Campo a través de Galicia...

Noraboa corazóns !!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Conmemoración do Día da Paz o mércores, 30 de xaneiro.

Na segunda quincena de xaneiro nenos/as e mestres/as fomos realizando diversas actividades relacionadas coa paz en distintas sesións.

Xa no propio 30 de xaneiro, pola mañá, colgáronse as cartolinas cos traballos feitos con cada unha das letras do alfabeto galego no corredor da planta baixa e tamén se puxeron en tres zonas do centro e no ximnasio as fotografías dos corpos de alumnos e alumnas de diversos niveis de E. Primaria formando dúas frases: "PAZ A COTÍO" e "PAZ A DIARIO". Pola relación directa coa área de E.Física, dado o traballo de: expresión corporal, percepción espacial, lateralidade e percepción corporal, ambalas dúas frases realizáronse en varias sesións de dita área coa axuda da mestra especialista e a colaboración e cooperación do alumnado de 1º a 4º de E. Primaria. Logo, nas sesións da tarde, fomos ao ximnasio e alí léronse textos falando do sentido da conmemoración, realizáronse distintos bailes e cantáronse varias cancións en inglés e en castelá.

 

 

 

 

 

Fase Intercomarcal de Campo a Través no Campamento Xuvenil Virxe do Loreto en Porto do Son o 25 de xaneiro.

O venres, 25 de xaneiro, os dous equipos: Benxamín e Alevín masculino, así coma unha nena da categoría Benxamín e outra da Alevín, xunto con varios mestres/as regresaron ao circuíto do Campamento Virxe do Loreto de Porto do Son para realizar as competicións da Fase Intercomarcal de Campo a Través.

Non esquezamos que aquí o nivel sería aínda moito máis alto, pois competirían os/as corredores/as mellor clasificados/as en diversas bisbarras coma por exempolo: Costa de Morte, Xallas, Barbanza, Muros e Noia...

A xornada transcurriu sen incidencias relevantes e o esforzo dos nosos corredores e corredoras veríase recompensado unha vez máis. Nesta ocasión, u os dous equipos masculinos subirían ao podio para recoller a prata e unha das nenas, a da categoría Alevín, tamén lograría pasar á Fase Provincial, ao chegar á meta contra a cabeza.

Moitas grazas ás persoas achegadas que amosaron o seu apoio unha vez máis.

Parabéns e moita sorte de cara a Fase Provincial !!!.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase Comarcal de Campo a Través no Campamento Xuvenil Virxe do Loreto en Porto do Son o 17 de xaneiro.

O xoves, 17 de xaneiro, arredor de oitenta nenos e nenas sairon do centro a iso das 10:15h, acompañados/as de varios mestres/as e a adestradora (a profesora de E.Física) cara o Campamento Xuvenil Virxe do Loreto en Porto do Son. Alí levaríase a cabo a Fase Comarcal de Campo a través, na que dous dos nosos equipos, o Benxamín e o Alevín masculinos, acadarían o ouro ao quedaren campións da bisbarra. Pero, ademais dúas nenas, unha Benxamín e outra Alevín, tamén lograron cadanseu metal e clasificarse a nivel individual para a seguinte  fase.

Parabéns a todos/as os/as clasificados/as e tamén ao resto polo esforzo realizado

Tamén queremos agradecer a familiares e amizades asistentes o seu apoio.

Xornada de convivencia interxeracional entre o alumnado de 5º de E.Primaria, o/a titor/a de cada grupo e as persoas maiores, usuarias do Centro de Día municipal.

O venres, 11 de xaneiro, pola mañá os nenos e nenas de 5º A e B de E.Primaria, xunto co/a seu/súa titor/a visitaron o Centro de Día municipal. Unha vez alí, tiveron unha xornada de convivencia coas persoas maiores do Concello, usuarias de dito centro.

Realizaron diversas actividades de forma conxunta coma xogar ao bingo ou conversar. Pero, ademais o alumnado levaba preparada unha canción, que interpretaron e lles encantou as persoas alí presentes. A verdade é que os nenos e as nenas, así coma o mestre e a mestra regresaron moi satisfeitos e ledos   ao centro polo transcurso da xornada de convivencia interxeracional, que levaran a cabo.

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Nadal 2018

Ao longo do mes de decembro o alumnado e profesorado do centro foron realizando diversas actividades relacionadas co Nadal.

Así, realizáronse debuxos para os concursos internos de postais e almanaques. Pois, as primeiras irán parar aos/ás maiores usuarios/as do Centro de Día municipal e cos debuxos escollidos sobre a reciclaxe elaboraranse os almanaques, xunto cos escollidos no I.E.S Poeta Añón, que logo levarán alumnos/as, profesores/as e persoal laboral para os seus fogares.

Tamén se adornaron  aulas e corredores  e, como non, o mellor estaba por chegar no derradeiro día deste primeiro trimestre, coa magnífica actuación de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, que nos marabillaron con máis de trinta instrumentos tradicionais da cultura galega ..., a degustación do exquisito chocolate con biscoito e a visita de Papá Noel...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Agora, a vivir o Nadal en familia !!!.

BO NADAL E UN PRÓSPERO 2019  a todos/as !!!

Distribuir contido


by Dr. Radut