Skip to Content

Complementarias e extraescolares

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna de 3º de E. Primaria, cunha andaina, o 25 de setembro.

O pasado martes, 25 de setembro, o alumnado do 3º nivel de E.Primaria, así como as súas titoras e a profesora de E.Física levaron a cabo unha xornada de convivencia e de recoñecemento da contorna cunha andaina. Así, sairon do centro a iso das 10:10h en autobús deica o porto do Freixo e dalí dirixíronse andando ata o "Estaleiro e varadoiro Hermanos Abeijón". Unha vez alí,  alumnos/as e profesoras recibiron as explicacións pertinentes sobre as tarefas que realizan ao longo do ano con embarcacións, tanto de madeira coma de fibra. Logo, sairon cara Broña polo paseo marítimo e ao chegar á contorna da praia: merendaron, conversaron e brincaron deica iso das 13:30h, posto que a esa hora recolleríos/as o autobús para regresar ao centro.

Sen lugar a dúbidas, a mañá pasou axiña e resultou moi agradable.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Benvidos/as ao novo curso académico 2018/19

 

O 12 de setembro, mércores, un grupo de música tradicional recibiu á Comunidade educativa do centro ao son de: 6 gaitas, 2 bombos e un tambor. Entre os músicos atopábanse o actual mestre de Música e dous exalumnos e levaron a cabo a actuación de xeito totalmente altruista, deica que serea indicou o inicio da xornada. Despois, a directora deunos a benvida para o novo curso a cantos/as alí nos atopabamos: familiares e/ou titores/as do alumnado, discentes, docentes e persoal laboral.

De seguida, foi presentando ao novo equipo directivo, aos/ás titores/as (dende 4º de E.Infantil a 6º de E.Primaria) que, segundo escoitaban os seus nomes, ían deixando o patio cos seus grupos para dirixírse ás aulas. Por suposto, tamén presentou ao profesorado especialista.

Bo curso a todos/as… !!!

Xornada de convivencia, xogos e baile de E.Infantil o xoves, 10 de maio, na Barquiña.

O pasado 10 de maio, xoves, o alumnado de E.Infantil, as súas titoras e algúns/has outros/as mestres/as do noso cole fomos ao C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso (A Barquiña). Alí levaron a cabo unha xornada de convivencia, xogos e baile con outros/as nenos/as e profesores/as do centro anfitrión, do C.E.I.P Felipe de Castro e do C.P.I Cernadas de Castro (Lousame). 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

Xornada de convivencia do alumnado de 5º de E.Primaria cunha visita ao Grove.

Os nenos e nenas de 5º nivel de E.Primaria e varios mestres/as realizaron unha visita ao Grove (5ºA o 31 de maio e 5ºB o 14 de xuño). Alí, visitaron o acuario, un parque e tamén realizaron unha viaxe en barco pola ría, á vez que degustaron uns exquisitos mexilóns ao vapor.

 

 

 

 

 

 

1º e 2º niveis de E.Primaria visitaron Muros o martes, 12 de xuño.

O alumnado de 1º e 2º niveis de E.Primaria e catro dos/as seus/súas mestres/as visitaron un areal de Muros e o casco histórico da vila, acompañados/as dunha guía municipal, que lles foi dando as explicacións pertinentes en cada momento, ao longo da mañá. Esta saída de recoñecemento da contorna, levouse a cabo o martes, 12 de xuño, en horario lectivo.

 

 

 

 

Visita da célebre gaiteira, Susana Seivane, para o alumnado de 2º a 6º de E.Primaria e parte do profesorado o mércores, 6 de xuño.

O mércores, 6 de xuño, a recoñecida gaiteira, Susana Seivane, estivo na Casa da cultura municipal co alumnado e parte do profesorado de 2º a 6º niveis de E.Primaria das 11 ás 12 h, aproximadamente. 

Durante a súa estadía, a prestixiosa gaiteira de fama internacional, contounos anécdotas súas coma que o seu primeiro traballo fora gravado por Rodrigo Romaní no su estudo de Albeida (San Cosme) e que, por tal motivo, estivera arredor de dous meses pola zona, polo que a coñecía bastante ben. Por suposto, tamén nos falou da súa familia e de como boa parte dos seus membros se adican á fabricación deste popular instrumento e outros/as o tocan...

Logo, chegou a parte musical que  resultou aínda máis agradable se cabe e na que alumnado e profesorado participamos gustosamente. Así, cantouse, batéronse palmas e un grupo de nenas de 4º a 6º  bailaron na súa honra, ao son da súa pandeireta e das gaitas dos profes Insua e Santi.

 

 

 

                    

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     Deica cando queiras, Susana, deixáchesnos marabillados/as... !!!

Despedida de 6º de E.Primaria cunha excursión a Galipark (Padrón).

O pasado venres, 1 de xuño, o alumnado de 6º nivel de E.Primaria acompañado de Emilio e María, titor e titora do grupo A e B respectivamente, sairon do centro sobre as 10 h cara ás instalacións de Galipark (Padrón). Alí pasaron o día, deica iso das 19h, momento aproximado no que se dispuxeron a retornar a Outes, posto que quedaran sobre as 20h coas familias.

Durante a xornada realizaron diversas actividades como: tirolina, tiro con arco, pontes con movemento, tobogán con piscina... , aínda que tamén fixeron unha pequena parada para repoñer enerxías, conversar e xantar.

En xeral regresaron moi ledos/as, pois a pesares de non contaren cun día moi solleiro disfrutárono a tope.

Desde aquí, queremos desexarlles moita sorte na súa nova andaina educativa e na vida en xeral e, como non, lembrarlles que, cando queiran, terán as portas abertas para facernos algunha visita. Por suposto, a María tamén...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                           Deica sempre corazóóónssss !!!

Xornada de convivencia e xogos populares no C.E.I.P Felipe de Castro (Bergondo), co alumnado de 3º e 4º niveis de E. Primaria e parte dos seus mestres e mestras, o 18 de abril.

O pasado mércores, 18 de abril, os discentes de 3º e 4º niveis de E.Primaria do noso centro e parte dos seus docentes, reunímonos no C.E.I.P Felipe de Castro (Bergondo) cos do C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso (A Barquiña), os do C.P.I Cernadas de Castro (Lousame) e, por suposto, cos do centro anfitrión.

Ao longo de hora e media, máis ou menos, realizamos diversos xogos (fundamentalmente populares), dous bailes e un obradoiro, no que elaboraron un xoguete co que traballar a coordinación óculo-manual, empregando, primordialmente, material de refugallo. Logo, merendaron e conversaron durante uns trinta minutos antes de retornar ao centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e xogos populares no C.P.I Cernadas de Castro (Lousame) co alumnado e parte do profesorado de 5º e 6º niveis de E.Primaria o 24 de abril

O pasado martes, 24 de abril, os nenos e nenas de 5º e 6º niveis de E.Primaria e boa parte do profesorado do noso centro, do C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso (A Barquiña), do C.E.I.P Felipe de Castro (Bergondo) e do centro anfitrión, o C.P.I Cernadas de Castro (Lousame) levamos a cabo unha xornada de convivencia, na que puxemos en práctica diferentes xogos (maioritariamente populares), algún baile e un taller de nós, onde quen quixo realizou un chaveiro. 

A xornada transcorreu sen incidencias e coido que aos anfitrións, que era a primeira vez que organizaban unha xornada desta índole, lles quedaron gañas de seguir no grupo e organizar outras nos vindeiros cursos.

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e xogos populares, tradicionais e autóctonos co alumnado e parte do profesorado de 1º e 2º de E.P no noso centro

O pasado martes, 17 de abril, os nenos/as e parte dos profesores/as de 1º e 2º niveis de E.Primaria dos dous centros públicos de Noia, o C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso (A Barquiña) e o C.E.I.P Felipe de Castro (Bergondo), do C.P.I Cernadas de Castro (Lousame) e do noso propio centro, levamos a cabo unha xornada de convivencia con xogos populares, tradicionais e autóctonos nas instalacións do noso colexio.

Para os de Lousame era a primeira vez e, afortunadamente pola parte que me toca, parece ser que se foron moi contentos...

A xornada transcurriu sen incidencias e nenos/as, así coma mestres e mestras, gozamos das diferentes estacións de xogos, baile, obradoiro de harmónicas e contacontos canto puidemos e tamén da compañía doutros nenos/as e mestres/as, que só vemos neste tipo de actividades ou noutras semellantes...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                                       Deica ao vindeiro cursooo !!!

Distribuir contido


by Dr. Radut