Skip to Content

Complementarias e extraescolares

Andaina do alumnado de E Infantil e as súas mestras, polo paseo fluvial do río Tines, o 11 de outubro.

Os nenos e nenas de E Infantil percorreron boa parte do paseo fluvial do río Tines, camiñando na compaña das súas mestras o venres, 11 de outubro. Durante a mañá, ademais de realizar exercicio físico, foron recoñecendo a contorna e recollendo distintos elementos da Natureza coma: follas, landras, garabullos, castañas,..., típicos do outono. A finalidade dos elementos recollidos era a elaboración de diversos cadros, que logo exporían nas paredes exteriores das súas aulas para adornar os corredores da súa zona e, que ao mesmo tempo, o resto do centro puidésemos apreciar os marabillosos resultados.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna, dende Catasueiro a Tremuzo, cunha andaina o 11 de outubro.

O venres, 11 de outubro, o alumnado de 4º A e B de EP, o/a titor/a de cada grupo e a profesora de E. Física realizaron unha andaina, dende Catasueiro a Tremuzo (ida e volta). Durante a mañá, os nenos/as de ámbalas dúas aulas e os/as profes conviviron de forma cordial á vez que foron recoñecendo a contorna e observando diversas especies arbóreas, tanto autóctonas (castiñeiros, piñeiros, etc) coma foráneas (eucaliptos).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Charla coloquio e obradoiro, sobre carnívoros galegos, para o alumnado de 5º e 6º de E Primaria

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de E Primaria, acompañados de varios/as mestres/as, asistiron a unha charla coloquio cun posterior obradoiro sobre os carnívoros galegos, na aula de audiovisuais do propio centro escolar. A actividade tivo lugar os días 7 e 8 de outubro, respectivamente, e nela un técnico contratado polo Concello explicoulles cales son en xeral as especies máis comúns na  nosa Comunidade e en particular no noso Concello e tamén como viven, de que se alimentan, etc 

 

 

 

 

 

 

 

Visita ao Estaleiro Hermanos Abeijón, á lonxa do Freixo e andaina dalí a Broña o xoves, 3 de outubro, pola mañá.

O xoves, 3 de outubro, a iso das 10:15h o alumnado de 5º de EP, as súas titoras e a mestra de EF subiron a un autobús, nas inmediacións do centro educativo, para dirixirse ao Estaleiro Hermanos Abeijón no Freixo. Unha vez alí, visitaron as instalacións e observaron como distintos operarios realizaban diversas tarefas. Nesta ocasión, un grupo traballaba en tarefas de reparación e posta ao día de dous barcos (un arrastreiro de pesca e un bateeiro) e o outro grupo afanábase no desmantelamento dunha terceira embarcación.Respecto ao material de refugallo, que ían obtendo ao desfacer dita embarcación, aprenderon que iría parar a unha pranta de reciclaxe. Por certo, máis dun dos visitantes, sorprendéronse ao comprobar como o bateeiro, que estaban desguazando, levaba cemento na parte baixa coma contrapeso para proporcionarlle a estabilidade precisa ao porlle enriba a carga de mexilóns.

Coma noutras ocasións, unha das persoas responsables de sacar adiante o estaleiro, Fátima, fixo de guía. Ela estivo pendente, en todo momento, de explicar as tarefas que alí se levan a cabo e de responder a cantas preguntas foron xurdindo.

Logo, nenos/as e mestras dirixíronse á lonxa e, tras preguntar se podían visitala, fixeron tres grupos e entraron, por quendas para vela e comprobar o seu funcionamento. Xa dentro, viron como os afamados berberechos da Ría de Muros e Noia, que enchían os capachos dos mariscadores e mariscadoras, así coma as ameixas, aínda que en menor medida, pasaban ás cintas clasificadoras nas que separaban os bivalvos, segundo a talla. Como cabía esperar, algúns nenos/as atopáronse con familiares e/ou veciños aos que saudaron con entusiasmo.

Máis tarde, tomaron dirección Broña. Foron a pé dende o porto do Freixo, percorrendo tamén o paseo marítimo e ao chegar subiron ao autobús, que os/as estaba agardando para retornar ao centro.

Queremos darlle as grazas aos donos do estaleiro en xeral e a Fátima, en concreto, pola súa paciencia, a amabilidade coa que sempre nos trata e polo tempo que nos adica e tamén aos/ás traballadores/as da lonxa por permitir a visita.    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de clausura do curso 2018-19 e acto de graduación do alumnado de 6º de EI e EP.

O venres, 21 de outubro, tivo lugar no noso centro un acto de clausura do curso e de graduación do alumnado de 6º nivel de EI e EP. A dito acto asistiu o alumnado e profesorado do centro, así coma os familiares dos nenos/as do centro, que quixeron/puideron asistir.

As diferentes actividades leváronse a cabo no ximnasio do centro e, máis tarde, os/as convidados/as do alumnado de 6º de EI e EP, así coma o resto do alumnado do centro e o profesorado achegáronse ao comedor para tomar uns pinchos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e xogos co alumnado de EI no CEIP Felipe de Castro (Bergondo)

O alumnado de EI e parte do seu profesorado tivo unha xornada de convivencia e xogos, durante a mañá do 14 de maio, nas instalacións do CEIP Felipe de Castro de Bergondo /Noia), co alumnado deste centro, así coma co do Alexandre Rodríguez Cadarso e do CPI Cernadas de Castro.

A xornada transcorreu sen incidencias e os/as nenos/as gozaron dun bo número de xogos coa axuda de profesorado e alumnado de 6º de EP, que participou na xornada coma colaborador.

 

 

 

 

Xornada de convivencia e xogos populares no noso centro, co alumnado e profesorado de 5º e 6º niveis de E.Primaria o 3 de maio, venres.

O venres, 3 de maio, o alumnado e parte do profesorado de 5º e 6º niveis de E.Primaria foron os/as anfitrións/oas na xornada de convivencia e xogos populares cos rapaces/zas e mestres/as dos C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso e Felipe de Castro de Noia e do C.P.I Cernadas de Castro de Lousame.

Este ano incorporouse unha pequena andaina, desde o centro á zona do parque do Areal (ida e volta) polas marxes do Tines. Dita actividade tivo moi boa acollida entre o alumnado e profesorado participante.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e xogos populares no C.E.I.P Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso da Barquíña o venres, 26 de abril.

O venres, 26 de abril, os nenos e nenas de 3º e 4º niveis de E.Primaria, xunto cos seus titores/as e a profesora de E.Física de ditos niveis educativos foron ao C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso na  Barquiña. Alí levaron a cabo unha xornada de convivencia e xogos populares con outros/as nenos/as e mestres/as, tanto do colexio anfitrión coma do C.P.I Cernadas de Castro de Lousame e do C.E.I.p Felipe de Castro de Bergondo. A xornada transcorreu sen incidencias e resultou un éxito.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Pampallín no cole o martes, 30 de abril.

O martes, 30 de abril, realizáronse no cole moreas de colares, coroas e pulseiras con pampillos, agulla e fío para conmemorar o Pampallín e darlle así a benvida á primavera.Para levar a cabo dita actividade precisamos da colaboración das familias, pois tiveron que ir cos nenos e nenas recoller os pampillos  en leiras, hortas e/ou arrós. Por suposto, sen os pampillos a ctividade non podería levarse a cabo. Polo que, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega especialmente e do centro en xeral, queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron posible poder realizar dita actividade

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Excursión a Santiago de 3º de E.Primaria o martes, 23 de abril.

O martes, 23 de abril, o alumnado de nivel de E.Primaria e Lourdes e Tomás (titora e titor do grupoA eB respectivamente) visitaron en Santiago de Compostela o Museo do Pobo Galego e o C.G.A.C (Centro Galego de Arte Contemporánea).

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut