Skip to Content

                              

biblioteca

FAMILIAS QUE CONTAN: ALBERTO OTERO CONTOUNOS LUUUME!

O pasadoluns 19, Alberto Otero, pai de Alejandro da clase de 4 anos , veu na hora de ler ao cole a contarnos "Luuume"

Unha historia ben interesante para falar de cando nos "enfurricamos" e como iso afecta ás persoas que nos rodean, e a nós mesmos.

 

Moitas grazas a Alberto por achegarse ao cole e comparitr o seu tempo con nós.

 

 

 

FAMILIAS QUE CONTAN: PATRICIA ORDÁS CONTOUNOS "TILO COCODRILO"

O pasado mércores día 18, Patricia Ordás, nai de Mía clase de 3º achegouse ao cole para contarnos un conto na hora de ler ao alumnado de ED. Infantil e 1º de ED. Primaria

 

O libro escollido foi "Tilo Cocodrilo" 

 

Xa que o día o permitiu, en lugar de contarnos o conto na biblioteca fixémolo no anexo que inauguramos este curso grazas ao PLAN LIA 3, onde puxemos un chan cómodo e xeitoso para poder sentar e uns "toldos" para poder disfrutar nos  recreos dos días de sol ( xa sexa xogando ou mirando un conto) 

 

 

 

Patricia contou coa colaboración especial da súa filla Mía, e ambas contaron e cantaron esta historia marabillosa.

Moitísimas grazas a Patricia polo seu tempo !!!

 

 

 

 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 3º CICLO:MANGA E BANDA DESEÑADA

 

 

O pasado luns 5 de xuño, tivemos a terceira reunión do club de lectura para alumnado do 3º ciclo de ED. Primaria.

 

Desta vez o fío condutor da reunión foi o manga ou a banda deseñada, xa que entre os membros do club hai algún apaixonados destes xéneros.

 

Cada quen elixiu un libro para ler e explicarlle aos seus compañeiros e compañeiras, coa axuda dun Canva, de que ía a historia, quen eran os protagonistas, que foi o que máis lle gustara ou menos, por que o recomendarían…

 

Foi unha exposición moi interesante, na que algún nos deron moita información sobre o seu cómic, foi case como lelo en directo. Pero todas/os estiveron moi atentos e atentas ao que alí comentaban os seus compañeiros/as.

 

Ao rematar as exposicións individuais falamos un pouco sobre cal dos manga ou cómic, que presentaron elixirían para ler, que é o que lles gusta do manga ou dos cómics…

 

 

Para finalizar esta reunión, quedaba a esperada “merendola” na biblioteca, da que todos/as desfrutaron.

 

 

E así rematamos, quedando xa emprazados para a última reunión do club deste curso.

(Texto elaborado pola profe Asun, titora de 5º de ED. Primaria) 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Chegan as vacacións, o momento de lecer por excelencia e dende o cole ( elaborado coas aportacións das titorías e máis do equipo de Biblioteca e do Clube de Lectura de familias e profesorado) aquí tedes as nosas recomendacións lectoras para o verán, se  aínda non tedes claro que ler.

 

E lembrade que o importante é ler, e se é o que vos gusta mellor.

 

Boa lectura e bo verán.

 

 

 

Adxuntamos arquivo PDF das mesmas ( se premedes en cada un dos libros levaravos á ficha técnica do mesmo)

 

Programas de Radio de 3º e 5º de ED. Primaria : obradoiro con Iago Gordillo

Este pasado luns día 12 o alumnado de 3º e 5º de ED. Primaria tivo a terceira sesión( desta volta online) do obradoiro  de radio que desenvolveron con Iago Gordillo.

A primeira das sesións foi telemática, a segunda para poñer a andar os seus programas tivemos a sorte de ter a Iago no noso centro.

E posteriormente editou, "puliu" e preparou o resultado final dos mesmos, este luns día 12 de xeito telemático tamén, comentou co alumnado e titoras de 3º e 5º sobre o proceso, o resultado e escoitaron tamén os audios definitivos.

 

Foi unha experiencia interesantísima, na que o alumnado tivo que traballar en equipo, guionizar, preparar, seleccionar melodías, facer a escaleta... entrevistar...

 

Aquí vos queda o resultado final de ambas aulas:

 

 

 

 

 

 

 

 

María José contounos "Monstruo Azul"

María José, a nai de Pablo da clase de 5 anos contounos o conto "Monstruo Azul" de Olga de Dios, da coñecida saga dos monstruos: o rosa, o paxaro amarelo, o becho pelota e ra de 3 ollos.

 

Moitas grazas a María José por compartir con nós o seu tempo. Aquí vos queda a súa narración:

 

 

Na eira e na lareira

Onte, grazas ao Consorcio Editorial Galego, e da man da "Xanela do Maxín" tivemos a sorte de desfrutar deste magnífico espectáculo en dúas quendas.

Primeiro fomos o alumnado máis pequeno ( de ED. Infantil a 2º de ED. Primaria) e despois os maiores ( de 3º a 6º de ED. Primaria)

 

Gustounos moitísimo, tívonos "enganchad@s do comezo ata o fin, e ademais poñendo en valor a importancia da nosa cultura, música e tradicións.

 

 

 

Aquí deixamos unha pequena escolma fotográfica da actividade de onte:

 

MISTERIO NA BIBLIOTECA

Lembrades a proposta que se fixo este curso no día da poesía para conmemorar o día do libro este curso??

 

 

Ao final decidimos presentalo o día das Letras Galegas, entre as actividades programadas para esa data.

Representantes de cada aula saíron a lelo ante todo o centro para ver como se ía desenvolvendo esta historia misteriosa que o alumnado de 1º de ED. Primaria deu en titular " MISTERIO NA BIBLIOTECA". ( premede no enlace para acceder á publicación)

 

Aquí vos queda o conto colaborativo, por se o queredes desfrutar, como fixemos nós escoitándoo dos seus autores e autoras.

 

 

 

 

Visitounos Antía Yáñez

Este venres estivo no noso centro Antía Yáñez e o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de poder compartir con ela o seu tempo, falando de "Plan de rescate" e ademais de facerlle moitísimas preguntas sobre o libro e mais curiosidades sobre ela.

 

 

RADIO NA BIBLIO CON IAGO GORDILLO

Este xoves día 4 comezamos coa formación sobre radio con Iago Gordillo ( gustouno tanto o curso pasado que este ano repetimos formador) 

Desta volta a formación vai dirixida ao alumnado de de ED. Primaria ( para establecer os primeiros pasos autonomamente na radio) e para o alumnado de  de ED. Primaria (máis autónomo pero coa necesidade de ampliar a súa formación e coñecementos)

 

Como primeiro paso ambas clases fixeron unha videoconferencia con Iago  , para que lles explicase conceptos básicos, testease os seus coñecementos e sobre todo coñecerse.

A próxima semana, o venres día 12, Iago virá ao noso cole para traballar con estas dúas clases e ver como foi a "tarefa" que lles deixou para ese día.

 

Aquí vos deixamos algunhas fotos do momento da videoconferencia:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut