Skip to Content

                              

biblioteca

Xogando coas cores na biblioteca: mesa de luz co alumnado de ED. Infantil.

No primeiro trimestre o alumnado de ED. Infantil (en pequenos grupos)  ademais de utilizar a biblioteca para ver contos e para coller os libros para levar á casa e ler en familia, tamén tivo varias sesións para traballar as "cores" dun xeito divertido: coa mesa de luz.

 

Partindo do branco, fixeron series, agrupamentos e pequenos puzzles coas pezas de cores ( observando así as distintas figuras xeométricas) que oh! sorpresa!!,  cambiaban segundo a cor de  base que tivesen.

 

Foi unha experiencia moi divertida e interesante, que lles gustou moitísmo!!!

 

 

 

 

Aprendendo coa "makey makey" en ED. Infantil

Neste trimestre o alumnado de ED. Infantil estivo xogando cunha placa chamada "makey makey" ( un elemento moi interesante para traballar a "pre-robótica") que nos permitiu facer que tocabamos os "bongos" con  kiwis ou tocar un pequeno piano de cores e facer música. 

 

Tamén se divertiron simulando que tocaban unha batería ou algún que outro instrumento musical ao mesmo tempo que traballabamos a súa motricidade fina e a atención. 

 

Foi unha experiencia divertida e interesante na que puideron ver unha das moitas funcionalidades que ten esta plaquiña.

 

Aquí quedan algunhas fotos do alumnado en acción.

 

 

 

APRENDENDO COS "ESCORNABOTS"

Durante este curso na clase de de ED. Primaria, na asignatura de valores,   estivemos traballando cos Escornabots. Algunhas das actividades realizadas foron:

 

- Que sentimos cando…?

Esta actividade consistía en ler unha situación, por exemplo que sentes cando tes boa nota nun exame ou cando te castigan sen ter a culpa por algo… E levar o Escarnabot ata a cuadrícula coa emoción correspondente.

 

                

 

- A onde vai cada residuo?

Neste caso cada alumno/a tiña que levar diferentes residuos ao contedor correspondente.

 

 

 

Foron actividades nas que o alumnado participou activamente na súa realización e que nos valeron para reflexionar sobre diferentes cuestións.

(Redacción do texto: profe Asunción) 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN.

Deixamos un pequeno vídeo con algunhas  recomendacións lectoras para o verán ( clasificadas por idades)

 

 

 

 

Adxuntamos tamén un documento PDF das mesmas , para velas con calma (e se premedes en cada unha das portadas dos libros levaravos á súa ficha técnica)

 

 

BOA LECTURA E BO VERÁN.

 

 

 

CREANDO O SEU PROPIO MANGA..

O alumnado do noso centro en xeral, é moi afeccionado ao manga, especialmente os cursos máis altos.

O alumnado de 4º de ED. Primaria ademais de devorar os libros desta materia , inspirados pola súa lectura e seguindo unhas pequenas consignas : COMO LEO MANGA?  decidiron facer as súas propias creacións...

 

Aquí vos quedan uns poucos exemplos:

 

 

RESEÑAS "BOOKFACE" DO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA

Continuando con esta actividade proposta polo profe Rubén, para o alumnado de sexto de ED. Primaria, aquí quedan os 3 "bookface" deste mes.

 

Ademais da foto, cada un dos protagonistas elaborou un pequeno texto , sobre o libro en cuestión:

 

 

 

El gran libro de los vampiros (Jesús)

 

Autor: Denise Despeyroux

Sinopse: É un libro que recolle 13 historias sobre vampiros, cada unha

é diferente e hai desde Drácula a outros máis descoñecidos.

 

Idade recomendada: 11-12 anos.

 

A miña opinión: a min gustoume, pero ten moitas mortes provocadas

por vampiros.

 

 

 


CAMUÑAS ( MATÍAS)

 

 

Autor: Margarita del Mazo e Charlotte Pardi.

 

 

Sinopse: O libro é dun bruxo que pensaba que nunca se cortaban as uñas, este era o bruxo Camuñas e comía nenos, un día foi a comer unha nena pero explicoulle que era o bruxo Piruxo, Camuñas volveu a casa e viuse no espello e si era o bruxo Piruxo e non comía nenos e despois foi a onde a nena e lle fixo a manicura.

 

 

Idade recomendada: Para infantil e primeiros cursos de primaria.

 

A miña opinión: É bastante bo para nenos pequenos, doulle un 9.

 

 

 

 

 

Viaxeiros (Xabier)

 

Autor: Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández.

 

Sinopse  Este libro explícache como emigran e viaxan os animais: a

tartaruga, a andoriña, o cangrexo vermello...

 

Idade recomendada: 10 anos

 

A miña opiniónÉ curioso como medio de consulta para ver como

emigran os diferentes animais.

 

 

DÍA DO LIBRO 2022: ED. PRIMARIA

Hoxe 23 de abril, conmemórase o DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

Ao longo de toda a semana o alumnado de ED. Primaria estivo facendo unha tarefa ALFIN coa axuda das titoras e titores, aprendendo como se "cita" correctamente un fragmento dun libro.

A proposta que se fixo dende o equipo de bibliloteca foi: buscar e copiar unha pequena frase /fragmento dun dos seus libros favoritos e despois citala correctamente segundo a normativa APA.

 

Para iso, dende o equipo de biblioteca elaborouse unha pequena infografia sobre o tema ( adxunta coma PDF nesta publicación) con enlaces explicativos e un pequeno vídeo que nos pareceu interesante e que explicaba dun xeito sinxelo e práctico como facelo.

 

Segundo foron investigando, e preparando, plasmaron as súas seleccións en pequenos anacos de folios de cores que foron colocando na entrada do cole.

 

 

E despois de traballar durante a semana : entender, buscar, seleccionar e citar correctamente, onte venres así lucía a entrada do noso colexio:

 

 

 

BO DÍA DO LIBRO E BOA LECTURA 

Aprendendo sobre a Estación Meteorolóxica...

 

 

O día 6 deste mes tivemos con nós a Miguel, profesor de

física xubilado do IES Chamoso Lamas, encargado da posta

en marcha da estación meteorolóxica do instituto,

no ano 1984.

 

Grazas a el aprendemos moitas cousas sobre a meteoroloxía

e axudounos a saber máis sobre a estación meteorolóxica

que compramos para o noso colexio.

 

Primeiro tivemos unha charla sobre as utilidades da mesma e

posteriormente axudounos a decidir onde a deberíamos instalar,

escollendo o tellado do comedor como o lugar máis axeitado.

 

 

O día seguinte o alumnado de sexto redactou e firmou un

escrito dirixido o concello solicitando a instalación da

estación no lugar decidido.

 

(Autoría do texto: Rubén, co-titor de 6º de ED. PRIMARIA) 

 

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO.

O próximo sábado é o DÍA DO LIBRO

Para celebrar esta data imos levar a cabo 2 actividades a nivel centro:

ED. INFANTIL: teremos un contacontos de xeito telemático o xoves día 21 moi especial.

ED. PRIMARIA: buscarán e seleccionarán unha "cita" dun libro que lles guste e "transcribirano" coa axuda das titorías,  seguindo a normativa APA, para formar un muro colaborativo con todas as citas na entrada do centro.

Para facilitar a comprensión e importancia de "citar" correctamente elaborouse unha pequena infografía que adxuntamos como arquivo PDF nesta publicación (xa que contén enderezos web) 

 

BOA LECTURA 

 

 

2ª REUNIÓN CLUBE DE LECTURA FAMILIAS E PROFESORADO

O pasado luns 14 de marzo, reunímonos por segunda vez, o "Clube de Lectura para Familias e Profesorado"

 

Desta volta para comentar a nosa primeira lectura: "Golpes de Luz " de Ledicia Costas.

 

A conclusión xeral é que nos encantou a todas. Gustounos moito por diversos motivos, pero a narración a 3 voces por parte dos 3 protagonistas foi algo no que todas coincidimos. As súas peripecias, experiencias de vida , déronnos para falar moito. 

 

Pareceunos unha novela áxil, unha historia ben contada e que toca moitas realidades, e nalgún momento da historia todas nos sentimos identificadas con algo. Tamén e con todo é unha novela divertida.

Falamos moito, compartimos sensacións, tamén definimos aos protagonistas con palabras, e  de cada un deles: 

LUZ 

 

SEBAS 

 

XULIA 

 

 

Cada unha comentou 3 imaxes ou conceptos que lles evocase o libro , nalgunhas imaxes coincidimos, noutras fomos moi diversas... adxuntamos un documento PDF con esta escolma de imaxes.

 

 

E por último  fixemos propostas para a elección da nosa seguinte lectura... 

Distribuir contido


by Dr. Radut